NOVAS
 
 


   Elección de Xuíz de Paz (Titular e Suplente)

    
Ponse en coñecemento de todos os interesados que, ao abeiro do establecido na Lei Orgánica do Poder Xudicial, convócase o proceso de elección do Xuíz de Paz de Avión, tanto titular como substituto.

     Todas aquelas persoas interesadas en participar neste proceso poden solicitar máis información así como presentar a súa solicitude nas oficinas do Concello de Avión.

     O prazo remata o vindeiro día 28 de Xullo

  ------------------------------------------------

   
Camiño Santiago 2010

     Nos enlaces que aparecen abaixo poderás atopa-las fotos pertencentes a cada unha das etapas do Camiño de Santiago 2010. Moitas gracias a todos os que nos enviaron xa as súas fotos. Se ti tamén queres enviarnos ás túas fotos das etapas podes facelo no seguinte enderezo: cultura@concelloavion.org

       1ª Etapa: Ourense-Cea

       2ª Etapa: Cea-Dozón

       3ª Etapa: Dozón-Silleda

       4ª Etapa: Silleda-Outeiro

      Participantes Camiño Santiago 2010

      Final Camiño Santiago 2010
  ------------------------------------------------

Campaña de Reciclaxe de Teléfonos Móbiles

     O Concello de Avión participa na campaña de recollida e reciclaxe de teléfonos móbiles en desuso que está a levar a cabo a Asociación de Discapacitados Físicos en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense.

     Por isto colocáronse contenedores específicos tanto no Concello como no Posto de Protección Civil, no Campo da Feira, onde todas aquelas persoas que teñan teléfonos móbiles que non usen ou que non funcionen poden depositalos, evitando así o seu verquido incorrecto.

     Con esta iniciativa, ademais de darlle unha saída a estes aparellos xa inservibles, dáse unha solución ambientalmente axeitada á crecente xeración deste tipo de residuos tan contaminantes.


     
Se ten teléfonos móbiles que non funcionen, por favor non os tire ó lixo, tráiganoslos ó Concello ou ó Posto do 112, no Campo da Feira, para o seu reciclaxe e evitar así a contaminación que supón o verquido incorrecto destes aparellos.

  
------------------------------------------------

 Centro da Muller

Enderezos electrónicos:
servizossociais@concelloavion.org psicoloxia.concelloavion@gmail.com


Máis información

------------------------------------------------

    Novo Servizo de Urbanismo

     O Concello de Avión ven de ampliar o seu
Servizo Municipal de Urbanismo. Así, ademáis do Aparellador, que ven todos os Mércores e Venres, agora contamos tamén con unha Arquitecta, que estará todos os Martes e Xoves.
 

     Con este novo Servizo preténdese prestar un mellor asesoramento urbanístico sobre donde e como se pode construír, informar sobre criterios para a realización de reformas, tanto interiores como exteriores, así como construcción de obra nova, reconstrucción ou rehabilitación de vivendas, etc.

     Ademais, dende este novo Servizo se poderá informar a todos os interesados sobre as posibilidades de obter subvencións ou axudas, cando existan, para rehabilitación, renovación de calidade nas vivendas, infravivendas, etc.

    
 De paso que acode ás oficinas do Concello a solicitar a correspondente licencia de obras aproveite e resolva as súas dúbidas sobre urbanismo, construcción, axudas, etc., acudindo ao Servizo Municipal de Urbanismo.

------------------------------------------------

 
        Novo Servizo de Urxencias Sanitarias

      Desde o Posto de Socorro que hai no Campo da Feira, prestarase un servizo de emerxencias con cobertura de 24 horas os 365 días do ano.

     Con este servizo por parte do Concello de Avión mellorase o servizo de cobertura de Protección Civil. Así, desde o mesmo Posto de Socorro do Campo da Feira coordinaranse as actuacións, non só de emerxencias sanitarias, senón tamén de incendios urbanos, accidentes de circulación, cortes de estradas motivados sobre todo por inclemencias meteorolóxicas, ou calquera outra situación de emerxencia que se produza.

     Para este servizo, todo aquel que o precise pode chamar ao número
112 ou se o prefieren ao número gratuito: 800.007.823, estando operativo as 24 horas do día e os 365 días do ano.


-------------------------------------------------


Vivendas Sociais


      Unha vez formalizada xa a cesión dos terreos necesarios por parte deste Concello de Avión a favor da Xunta de Galicia vaise a iniciar proximamente a construción das Vivendas de Promoción Pública

     Un dos requisitos imprescindibles para poder optar no seu día a unha destas vivendas é estar de alta no
Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida de Galicia da Consellería de Vivenda e Solo

     Quenes teñan interese en darse de alta neste Rexistro poden facelo ou ben dende a páxina web da Consellería de Vivenda e Solo, no enderezo electrónico: http://conselleriavivenda.xunta.es, ou ben, se o prefiren, poden acudir ás oficinas do Concello de Avión no que poderán ter máis información así como tramitar dende aquí a súa solicitude de alta.


      
NON O ESQUEZA, SE TEN INTERESE EN OPTAR A UNHA DESTAS VIVENDAS DEBE DARSE DE ALTA NO REXISTRO DE DEMANDANTES DE VIVENDA PROTEXIDA DE GALICIA
------------------------------------------------


Licenzas de Obras

     Co obxectivo de ter un urbanismo máis ordenado, o Concello acaba de adoptar as seguintes medidas:

     -Non se permitirá a realización de ningún tipo de obra sen Licenza. Os infractores serán sancionados con
multas que poderán acadar desde os 300 ata os 6.000 euros, segundo a gravidade da infracción ou a negativa a para-las obras.

     -Para facilitar a obtención das Licenzas, o Concello, como xa ven facendo desde hai meses, terá unha Comisión a primeira semana de cada mes, de forma que
o plazo para ter Licenza estará entre os 20 e os 45 días desde a solicitude, a menos que haxa que solicitar informe a outros Organismos, como á Confederación, a Carreteras ou a Patrimonio.

     Todo aquel que teña que facer calquera tipo de obra de construcción, reparación, conservación, acondicionamento, etc. deberá solicita-la Licenza antes de empeza-las; con iso gañará tempo, cartos e evitará moitos problemas.

---------------------------------------------------

 
-----------------------------------------

      

 

 

 

 


Oficina Virtual