SITUACIÓN XEOGRÁFICA  

    
    Situado na provincia de Ourense (Galicia), dentro da Comarca dol Ribeiro no occidente ourensán, o Concello de Avión atopase en latitud 42º 22’ 2", Norte, e lonxitude 8º 14’ 5", Oeste. A súa localización nos mapas, co código xeográfico é o 32.040, o de INE, o 32.004, e as follas do mapa topográfico nacional (1/25.000) onde se debuxa son as: 186, e 224. Fai límite coa provincia de Pontevedra, sendo os seus lindeiros: polo norte, o concello de Beariz, polo leste os de Boborás e Carballeda de Avia, polo sur, Carballeda de Avia e Covelo en Pontevedra, e polo oeste os de Fornelos de Montes e o de Lama, ambolos dous na provincia de Pontevedra. A súa extensión territorial é de 123, 10 km2, o que supón o 1,66% da superficie provincial e ol 0,41% da galega. Destacan o seu relevo accidentado, sendo as principais unidades morfolóxicas as serras prelitoriais que forman parte da dorsal galega: Serra do Suído e Serra do Faro de Avión.

POBOACIÓN
     Ten unha poboación actual de 2.674 habitantes, dos que o 44,07% son homes e o 55,93% mulleres, representando o 0,97% da poboación provincial e o 0,13% da galega.

PARROQUIAS
      Avión pertence ao arciprestado do seu mesmo nome (Avión e Beariz) e englobase dentro do partido xudicial de Ribadavia. As nove parroquias que o constituen teñen na súa totalidade trinta e seis entidades de poboación distribuidas da seguinte maneira:
Parroquia de San Xusto: Avión, Beresmo, Cernadas e San Vicente Parroquia de Barroso: Barroso e Vilar
Parroquia de Cortegazas: Cortegazas
Parroquia de Nieva: Belecon, Camposancos, Caseiro, Cerdeiroa, La Lagoa, La Mota, Oroso e Porreira.
Parroquia de Amiudal: Amiudal, Espiñeiro e Pascais.
Parroquia de Couso: Couso, Edreira, Penedo, Taboazas y Villariño. Parroquia de Abelenda: Abelenda, Boeixos, Carixa, Casar do Nabo, Mangüeiro, Mouriscados, Por de Lapa e Rodeiro.
Parroquia de Baiste: Acebedo, Baiste, Liñares e Rubillón.
Parroquia de Córcores: Córcores 

 
Previsión metereolóxica para Avión
Plan de Urbanismo
Punto de Información Catastral