Dada a súa técnica
de construcción, propiamente románica,
poderíamos datar a antigüidade dos Chozos
do Suído nos séculos XII ou XIII. Coa existencia
dos Chozos dol Suído, atestigüanse parte das costumes
e faenas que naquela época levaban a cabo os habitantes
de Avión.
Os
trece chozos chamados:
Cernadas; San Xusto; San Vicente; Oroso; Abelenda;
Carixa;Rodeiro;
Mangüeiro; Boeixos; Mouriscados; Beresmo e Amiudal,
son construccións en pedra, con tellado
do mesmo material, onde os pastores de cada un
dos pobos pernoctaban e comían mentras atendían
o gando todo o ano.
A importancia
destos Chozos tamén se debe á existencia
de camiños empedrados que partían
desde a maioría das poboacións propietarias
dos mesmos e que indican a importancia do gando
na poboación.
Todo iso permite
deducir que xa existían importantes poboacións
no Concello, cuxo traballo era a agricultura e
a gandería.