Os "Camiños
medievais do Viño", son sen dúbida,
unha das rutas máis importantes do comercio desde as
poboacións comerciais ata as urbes medievais.
Ribadavia, que sempre foi capital do Ribeiro, era unha
das maiores abastecedoras de viño ás cudades
de Vigo, Santiago, Pontevedra e A Coruña, sen esquecer
que fixeron exportacións a Inglaterra e Portugal,
usando o río Miño como medio navegable.
Pero para poder abastecer
estas urbes, existían uns camiños oficiais, onde
os "arrieiros" levaban
os seus carros cheos de pipotes e tirados por bois,
esos camiños buscaban fundamentalmente as distancias
máis cortas e posibles. Parte destes camiños
convertéronse co comercio e coa peregrinación,
en vínculos de unión entre pobos e terras con Santiago
de Compostela.
O "camiño do viño" do
Ribeiro, naquela época, partía de Ribadavia
e subindo por Villar de Condes,
cruzaba as terras de Avión, pola Serra do Suído para
seguir a Santiago, onde entraba pola porta de Mazarelos,
tamén coñecida como a porta do viño.
Este camiño,
frecuentado principalmente polo Obispo
Gelmirez, pai dos camiños xacobeos, nas
súas constantes viaxes Braga-Santiago e viceversa,
pasaba polos Chozos dol Suído, o que sen dúbida
propiciaba a comunicación e o intercambio entre
os viaxeiros e os nativos de Avión.
Nun traballo feito por
Miguel Angel González García, sobre a Cruz Procesional
de Amiudal, fala de que foi feita por prateiros compostelans,
e subraia que:
"En relación con la posible procedencia compostelana,
no era extraño que se acudiese a Santiago para hacer
esta hermosa pieza, pues la zona de Avión, perteneció
al arzobispado hasta años recientes"
Esta cruz data do século
XVI. Outro dato a destacar é
que no ano 1215 aparece por primeira e única vez a Orden
de los Templarios en Avión, concretamente relacionados
coa igrexa de San Andrés de Abelenda.