A importancia das parroquias
de Avión ven dada polos diezmos pagados ao Señorde Ribadavia, concretamente
no ano de 1487 a de "Abelenda de Avión dio 16 fanegas
de pan terciado de centeno y maíz; la de San Cristóbal
de Avión, 2 fanegas de pan y 30 mrsvellos
por un tocino; la de San Justo de Avión, 40 fanegas
de pan". Estas cantidades de diezmos a pagar, sitúan
ás parroquias de Avión como as que máis aportaban
de todo o Ribeiro, o que permite supoñer a súa
gran riqueza agrícola.
Outra
vez aparece o nome de Avión relacionado co Conde de
Ribadavia, concretamente D.
Diego Sarmiento de Mendoza quen nunha Real cédula
sobre a expulsión dos moriscos, de 18 de diciembre de
1609, e que se comunicou en sendos oficios, no ano 1610,
refirese ás Milicias, a Villa e as Xurisdiccións
de San Amaro, Peroxa, Beade e Avión, entre outras.
Os dereitos
do Conde de Ribadavia sobre o patronato das parroquias,
e que non eran simplemente honoríficos, fai que arreglara
sempre o cobro das mesmas. Entre as parroquias que o
tiñan por patrono, destacaban entre unha relación
de vintecinco, as de Abelenda de Avión e San Xusto de
Avión, no ano 1630.
Non
rematan aquí as aportaciones que Avión realizou por
outros conceptos. No ano 1647 e con motivo da guerra
con Portugal, parte do exército de cabalaría
que dirixía o Capitán D.Antonio Jacinto Romero,
estivo acuartelado en Ribadavia durante tres meses,
o que ocasionou un gasto de cincoenta e dous ducados,
éstos sen contar a hospedaxe, que era gratuita.
Esos ducados foron repartidos da seguinte maneira: Peroxa,
12 ducados; Maside, 8; Amoeiro, 7; Roucos e Esposende,
7; Castro Cavadosa, 6; La Vega, 4 e Avión 8.
Unha
publicación da Imprenta Real
no ano 1789, dun libro con título de: Españadividida en provincias e intendencias y subdividida,
especifica os datos correspondentes aos Estados de Ribadavia
entre os que detallamos:
AVIÓN F. Abelenda,
S.S. F. Amiudal,
S.S. F. Avión, S.S. J-O- polo Conde de Ribadavia
F. Barroso, S.S.
F. Caseiro, S.S.
F. Corcores, S.S.
F. Couso, S.E. y S.S. = J.O. polo Mosteiro de Melón
e o Conde de Ribadavia
En 1797,
Labrada, realiza un censo da Comarca, e sitúa a mesma
con 5.169 veciños en todo o Partido de Ribadavia,
que comprende as poboacións de Ribadavia, Arnoia,
Merens, San Clodio, Castrelo, Beade, Vega, Carballeda,
Gomariz, Puga, Vide, Sabucedo, Astariz, Feanes, Fea,
Prado, Troncoso, Festosa, Tellerma, Melón, Abión y Rubillón.
Sen embargo, no ano 1753, La Croix conta dous mil habitantes
únicamente en Ribadavia, o que fai pensar no
comezo da emigración debido, principalmente, a unha
brusca transición económica do territorio, xa que a
vide e o liño eran as únicas fontes económicas
pola época.
Foi na
Guerra de Independencia
cando o Ribeiro notou o exército francés, unironse
as forzas e desexos na loita contra o invasor. Era o
9 de febreiro de 1809, e dada a gran necesidade de darlle
ou proporcionar ao exército guerrillero vinte
mil racións diarias de pan, viño, galiñas,
hovos, carne, etc..., os concellos non tiveron outro
remedio que proceder ao reparto da contribución entre
os veciños, acudindo entre outros os de Villar
con bois, trigo e fariña.
En 1825 establécense
de novo as antigas Xurisdiccións,
motivadas polo cambio de agregacións indebidas,
que orixinaron cuestions e litixios entre as partes
interesadas. No ano 1827 estaba en estudio o arreglo
definitivo de Municipios e Partidos, e mientras tanto
non se reunieran os datos necesarios, os Cotos e Xurisdiccións
quedaron no estado en que estaban antes de facer as
agregacións. Por todo iso, o estado económico
do país e o seu movemento comercial, no se recoñecía
con toda a claridade. Non obstante, destaca aquí a Instrucción
dol subsidio do comercio do 22 de novembro de 1825,
no que se atopa o reparto das cantidades sinaladas para
o ano seguinte:
No ano
1836 os pagos da"fumaza" ou
"fogaza", fixeronse a Ribadavia desde as freguesías
de Oroso, 1800 reais, Córcores e Liñares 500
reais, sen embargo é de destacar que xa existía
a negativa das outras freguesías de Abelenda,
Amiudal, Avión, Barroso e Nieva, que entraron en litixio
co Señor de Ribadavia, negándose a pagar os tributos.
En 1837 Isabel II eliminou definitivamente este imposto.