O alzamento
en armas do partido carlista afectou ao Ribeiro. Para
prever as súas incursións e repeler a
forza pola forza, se establécense as "Milicias
Nacionais", nas que debían alistarse
tódolos veciños. Unha circular do 3 de
outubro de 1836 e posterior orden do 23 do mesmo mes
e ano, fixa en cada Concello dez postos determinados
nos que facían garda dous hombres durante o día
e tres pola noite. A Comarca de Ribadavia estaba integrada
por vintecatro compañías. Catro correspondían
a Ribadavia, cinco a Amiudal, tres a Melón, catro
a Beade, catro a Cenlle e catro a Leiro. Destacando
Avión e concretamente Amiudal ao aportar máis
compañías que ninguén.
En 1838
apareceron os carlistas por estos pagos. A partida do
carlista Gillade entre o 28 e o 30 de xullo xa causara
un susto maiúsculo en Avión segundo comunicou
o xuiz de primeira instancia de Ribadavia o día 29 de
xullo, e fai saber ao comandante dos Nacionais de Leiro
que a tan sinalada partida carlista atopábase
hoxe ao mediodía na Graña, ao lado do
Suído. Ante ese suceso, o comandante dos Nacionais
partiu cara Avión con tódolos milicians
para iniciar a búsqueda dos soldados carlistas.
Pero
é en 1853 cuando a crise máis se sintiu
no Ribeiro en xeral e en Avión en particular.
O Boletín Oficial de
Ourense, no seu suplemento 47 do dezanove de
abril, fala da "Xunta de Beneficencia do Partido"
que afecta a Avión, que resultou o máis
afectado. Segundo datos que expresan as actas desta
"Xunta", as familias arruinadas por falta
de colleita (e tamén pola aparición do
Oidium na vide), repártense da seguinte maneira:
Avión, 798; Arnoia, 798; Castrelo de Miño,
798; Beade, 422; Cenlle, 422; Leiro, 100; Melón,
338 e Ribadavia, 209. Para remediar a situación
no posible, abreuse unha suscripción pública,
na que figuran varios Concellos da Rexión, a
Diputación provincial, o Goberno, o Obispado
de Ourense e Tui, a Congregación Nacional de
Santiago Apóstolo e as Xuntas Parroquiais, entre
outras institucións.
A todo
iso, e por si fosen poucos os males, sumáronse
no ano 1856 os estragos da cólera, que afectou
a todo o Ribeiro.
Outros
gastos comuns de mantemento de servizos seguen orixinando
cargas que se distribuien proporcionalmente entre os
Concellos. No ano 1859 os gastos carcelarios ocasionados
polos reclusos, establecíanse da seguinte maneira:
Avión, 2.498 reais; Leiro, 2.400; Ribadavia,
1.900; Melón, 1.880; Cenlle, 1.820; Castrelo,
1.810; Arnoia, 1.320; Beade, 1.500 e Carballeda, 1.020,
cun total de 16.140 reais. Estos datos sitúan
a Avión como el primeiro Concello en número
de presos, do que se pode supoñer a existencia
dunha amplia poboación.
Sen embargo
no libro de acordos do Concello de Ribadavia, aparece
un do 12 de febreiro de 1.874, onde observaron que desde
o ano 1870 ao 84, inclusive, os Concellos de Avión
e Castrelo, negáronse a pagar os gastos dos seus
presos, recurso que contra eles promoveu o Concello
de Ribadavia.
Outro
feito ocurrido no ano 1894, e que vai ter unha fundamental
importancia na comunicación de Avión co Ribeiro,
é a construcción da estrada que vai desde
Beade a Avión, estando en proxecto neses momentos
a estrada de Ribadavia a Carballeda de Avia.