ORDENANZA
FISCAL DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NO CENTRO
INTEGRAL DE SERVIZOS SOCIAIS "ALVETUS"
Artigo 1º.
De conformidade có disposto no Artigo 20.4 do
Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo
que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das
Facenda Locais, este Concello de Avión establece a Taxa
pola prestación de Servizos no Centro Integral de Servizos
Sociais“Alvetus”, concretándose estes Servizos nos seguintes:
– Vivenda Comunitaria:
Equipamento destinado a albergar en réxime de convivencia
cuasi–familiar a persoas, preferentemente con un grao
elevado de autonomía persoal.
– Centro de Día: Equipamento
destinado á atención diúrna de persoas
con perda da súa autonomía física ou psíquica
que precisen dunha serie de coidados e atencións
de carácter persoal, terapéutico ou social.
– Centro de Noite: Equipamento
destinado ás persoas que, por diversas causas,
necesitan atención en horario nocturno.
– Comedor Social: Servizo
de comida no propio Centro ás persoas que o precisen,
co fin de cubrir as súas necesidades alimenticias
básicas e facilitar as súas relacións
sociais e afectivas.
– Xantar sobre Rodas:
Servizo de similares características ao anterior pero
prestado no domicilio da persoa que o necesite.
– Lavandería Social:
Servizo de lavado e pranchado da roupa dirixido ás
persoas con ciertas limitacións ou dificultades
para o desenvolvemento desta actividade.
– Transporte Adaptado:
Equipamento adaptado, que se encargará do traslado dos
usuarios dende o seu domicilio ao Centro e viceversa.
Artigo 2º. 1. Son
suxeitos pasivos desta taxa todas aquelas persoas que,
con algún grado de dependencia por razóns derivadas
da idade, de enfermidades ou de discapacidades e ligadas
á perda de autonomía física, mental, intelectual
ou sensorial así o soliciten. 2. Serán
suxeitos pasivos, asímesmo, calquera outra persoa
que, sen entrar nos supostos establecidos no párrafo
anterior, non obstante obteña o informe favorable
ou recomendación específica dos ServizosSociais municipais
para ser usuario de calquera dos servizos enumerados
no Artigo 1º. Artigo 3º.
Constitúe o feito
impoñible a prestación de calquera dos servizos
enumerados no Artigo 1º.,e sempre previo informe favorable
ou recomendación específica dos Servizos Sociais municipais. Artigo 4º.
A solicitude de calquera
dos servizos recollidos no artigo 1º tramitarase
ante os servizos sociais Municipais, os cales avaliarán
e proporán a súa aprobación ou
denegación, que será acordada pola Alcaldía
do Concello. Igualmente, será competencia da
Alcaldía a supresión ou interrupción
do servizo, previo informe dos Servizos Sociais Municipais Artigo 5º.
A tarifa Máxima
pola prestación dos distintos servizos establecidos
no Artigo 1º será a seguinte:
– Vivenda Comunitaria: • Prezo por
mes ........................................................750,00
€. – Centro de Día: Tarifas para as plazas acollidas
ó Cheque Asistencial:
• Xornada completa: Supón
o dereito do usuario a permanecer no Centro ata 8 horas
diarias, así como a recibir todas as comidas que se
sirvan mentres esté neste (almorzo, comida ou merenda)
…...................………….………………… 429,00 €.
• Media Xornada: Supón
o dereito do usuario a permanecer no Centro ata 4 horas
diarias, así como a recibir unha das comidas que se
sirvan mentres estea neste, a elección del propio usuario
(desayuno, comida o merenda) …… 214,00 €. – Centro de Noite:
a) Prezo por mes, de
luns a domingo, de 19 a 9 h. ...........................385,00
€.
b) Días soltos: prezo
por día .........................................................
30,00 €. – Comedor Social:
• Prezo por menú ................................................................
4,00 €.
– Xantar sobre Rodas:
• Prezo por menú ...................................................................................
5,00 €.
– Lavandería Social:
• Prezo por colada, de ata
un máximo de 5 kg. de roupa ................... 3,50
€.
- Transporte Adaptado:
• Prezo por viaxe ...................................................................................
1,00 €.
• Bono mensual: ida e
volta, de luns a venres ......................................
35,00 €.
Artigo 6º.
1. A Tarifa aplicable
pola prestación dos servizos de Centro de Día para as
prazas non acollidas ao cheque asistencial e Centro
de Noite, en calquera das súas modalidades excepto
os días soltos, virá determinada pola renda ponderada
da unidade familiar, que se obterá multiplicando
a suma de tódolos ingresos mensuais dos seus
membros polo coeficiente que corresponda, segundo o
número de persoas que a formen, de acordo coa seguinte
escala: Nº. de membros Coeficiente
– 1 persoa .......................... 1,0
– 2 persoas ......................... 0,6
– 3 persoas ......................... 0,5
– 4 ou máis persoas ........... 0,4
2. No servizo de Centro de Día para
as prazas non acollidas ao cheque asistencial, ol importe
a pagar por cada usuario terá como límite máximo
a menor das seguintes cantidades:
– En xornada completa:
a) O Prezo de Tarifa do Cheque Asistencial. b) O 70
% dos ingresos ponderados da unidade familiar.
– En media xornada:
a) O prezo de Tarifa do Cheque Asistencial.
b) O 70 % dos ingresos ponderados
da unidade familiar, aplicándolles un índice corrector
do 0,65. 3. No servizo de Centro de Noite, o importe
a pagar por cada usuario terá como límite máximo
a menor das seguintes cantidades: a) O prezo de Tarifa,
establecido no Artigo 5º. b) O 55 % dos ingresos ponderados
da unidade familiar. Artigo 7º. Os prezos máximos establecidos
na Tarifa da presente Ordenanza actualizaranse automáticamente
con data do 1 de xaneiro de cada ano natural, tomando
como referencia o I.P.C. Artigo 8º. A tasa regulada na presente
Ordenanza Fiscal devengarase no momento no que se inicie
a prestación de calquera dos servizos previstos no Artigo
1º. Artigo 9º. Facúltase expresamente
á Xunta de Goberno Local do Concello de Avión
para que, á vista de situacións especiais
de carencia de ingresos familiares, debidamente documentadas
e xustificadas, poida establecer, de forma extraordinaria,
reduccións nos prezos máximos previstos na Tarifa
da presente Ordenanza.
Disposición Adicional. No non previsto na presente
Ordenanza Fiscal estarase ó disposto nos Artigos
20 ao 27 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de
marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora
das facendas Locais, nos Artigos 6 ao 23 da Lei 8/1989,
de 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos e nos Artigos
49 e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das
Bases do Réxime Local. Disposición Transitoria. En tanto non
estean regulados pola lexislación autonómica de Galicia
os Centros de Noite, e para o caso de que non poida
ser autorizado o que está previsto ubicar no Centro
Integral de Servizos Sociais “Alvetus”, as súas
instalacións poderán ser destinadas, temporalmente,
á prestación doutros Servizos Sociais, segundo
autorice a Xunta de Galicia. A presente redacción desta
Ordenanza Fiscal foi aprobada polo Pleno do Concello
de Avión na súa sesión de 6 de novembro de 2006,
habéndose modificado por acordo da Xunta de Goberno
Local na súa sesión do 24 de xullo de 2007.