ORDENANZA
FISCAL DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN
DO SERVIZO DE PUNTO DE ATENCIÓN INFANTIL
Artigo 1º.: De conformidade có
disposto no Artigo 41 do Real Decreto Lexislativo 2/2004,
do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido
da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello
de Avión establece o Prezo Público pola
prestación do servizo de Punto de Atención
Infantil, o cal chamarase “Ruliños”.
Artigo 2º.: Constitúe
o feito impoñible a utilización dos servizos
de atención infantil que se prestan a traveso
deste P.A.I., segundo a normativa vixente e en cumprimento
dos convenios e disposicións que podan emanar
da Xunta de Galicia ó respecto.
Artigo 3º.: Son
suxeitos pasivos deste prezo público todas aquelas
persoas que requiran a utilización destes servizos.
Artigo 4º.:
O importe do prezo público a satisfacer pola
utilización deste servizo será:
–
Por cada hora: 2 euros, ata un máximo de 6 euros
por día.
–
Establécese un bono mensual, válido para
un só neno/a, por importe de 60 euros, sen límite
de horas nin días dentro do mes de vixencia do
mesmo.
Artigo 5º.: Sobre
o importe do prezo público establecido anteriormente,
e referido unicamente ó importe do bono mensual,
poderanse aplicar as seguintes reduccións, acumulables
entre si:
–
Por familia numerosa: 15 %.
–
Por ter mais de un neno/a da mesma familia no centro:
50 % sobre o segundo e 100 % sobre os demais.
Artigo 6º.: Facúltase
expresamente á Xunta de Goberno Local do Concello
de Avión para que, á vista de situacións
especiais de necesidade, debidamente documentadas e
xustificadas, poda establecer, de xeito extraordinario,
reduccións no prezo para aquelas familias que
a súa situación económica non permita
o abono dos importes ou ben supoñan unha carga
inasumible en todo ou en parte. Podendo, se as circunstancias
así o aconsellasen, chegar estas reduccións
ata ó 100 % do seu importe
Artigo 7º.: Encárgase
á Xunta de Goberno Local do Concello de Avión
para que no prazo máximo dun mes, contado dende
a entrada en vigor da presente Ordenanza, aprobe un
Regulamento de Funcionamento e Réxime Interior
do Punto de Atención Infantil “Ruliños”.
Disposición Adicional:
No non previsto na presente Ordenanza Fiscal estarase
ó disposto nos artigos 41 ó 47 e 127 do
Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo
que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das
Facendas Locais, nos artigos 24 ó 27 da Lei 8/1989,
do 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos e
nos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril,
Reguladora das Bases do Réxime Local. Igualmente,
e debido á natureza do centro e servizo de que
se trata, prevalecerán sobre a presente Ordenanza,
e, no seu caso, sobre o Regulamento de Funcionamento
e Réxime Interior previsto no Artigo 7º.
da mesma, todas aquelas disposicións, normas
ou indicacións que ó respecto emanen da
autoridade competente da Xunta de Galicia.
A
presente redacción desta Ordenanza Fiscal foi
aprobada polo Pleno do Concello de Avión na súa
sesión do 27 de abril de 2005.