ORDENANZA
REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES
A tenor das facultades
normativas outorgadas polos Artigos 133.2 e 142 da Constitución
Española e o Artigo 106 da Lei 7/1985 Reguladora
das Bases do Réxime Local sobre potestade normativa
en materia de tributos locais e de conformidade así
mesmo co establecido nos Artigos 15 e seguintes, así
como no Título II, Artigos 61 e seguintes, todos
eles do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, aprobado
por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de Marzo e
Artigos 6, 7 e 8 do Texto Refundido da Lei do Catastro
Inmobiliario, aprobado por Real Decreto Lexislativo
1/2004, do 5 de Marzo, e as modificacións de
ditos textos introducidas pola Lei 16/2007, do 4 de
Xullo, Disposición Adicional Sétima e
Décima, logo do pronunciamento do Tribunal Supremo
en Sentencia de 30 de Maio de 2007 pola que declara
nulo e expulsa do ordenamento xurídico parte
da redacción do Artigo 23 do Regulamento de desenrolo
da Lei do Catastro Inmobiliario, aprobado por Real Decreto
417/2006, do 7 de Abril, regúlase mediante a
presente Ordenanza Fiscal o Imposto sobre Bens Inmobles
coas excepcións que se conteñen máis
adiante e conforme ás Tarifas que se inclúen.
Artigo 1º.- Feito impoñible:
O feito impoñible do Imposto sobre Bens Inmobles
está constituído pola titularidade dos
seguintes dereitos sobre os bens inmobles rústicos,
urbanos e de características especiais:
a) Dunha concesión
administrativa sobre os propios inmobles o sobre os
servizos públicos ós que estean afectos.
b) Dun dereito real de
superficie.
c) Dun dereito real de
usufructo.
d) Do dereito de propiedade.
A realización do feito impoñible que corresponda
de entre os definidos no apartado anterior, pola orde
establecida no mesmo, determinará a non suxeición
do inmoble urbano ou rústico ás restantes
modalidades no mesmo previstas. Nos inmobles de características
especiais aplicarase esta mesma prelación, salvo
cando os dereitos de concesión que podan recaer
sobre o inmoble non esgoten a súa extensión
superficial, suposto no que tamén se realizará
o feito impoñible polo dereito de propiedade
sobre a parte do inmoble non afectada por unha concesión.
Teñen consideración de bens inmobles de
natureza urbana, rústicos e de características
especiais, os definidos como tales nas normas que regula
o Catastro Inmobiliario, comprendidos nos seguintes
grupos:
1. Os destinados á
producción de enerxía eléctrica
e gas e ó refino de petróleo e as centrais
nucleares.
2. As presas, saltos de
auga e encoros, incluído o seu leito ou vaso,
agás as destinadas exclusivamente ó rego.
3. As autoestradas, estradas
e túneles de peaxe.
4. Os aeroportos e portos
comerciais.
E elo coas especificacións contidas no artigo
23 do Regulamento de desenrolo do Catastro Inmobiliario
aprobado por Real Decreto 417/2006, do 7 de Abril, na
súa redacción dada pola Sentencia do Tribunal
Supremo de 30 de maio de 2007.
O carácter urbano ou rústico do inmoble
dependerá da natureza do solo.
Artigo 2º. Suxeitos pasivos:
Son suxeitos pasivos,
a título de contribuíntes, as persoas
naturais e xurídicas, e as entidades ás
que se refire o Artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de
Decembro, Xeral Tributaria, que ostenten a titularidade
do dereito que, en cada caso, sexa constitutivo do feito
impoñible deste Imposto.
No caso de bens inmobles
de características especiais, cando a condición
de contribuínte recaia en un ou varios concesionarios,
cada un deles o será pola súa cota, que
se determinará en razón á parte
do valor catastral que corresponda á superficie
concedida e á construcción ou parte do
inmoble directamente vinculada a cada concesión.
Para esa mesma clase de
inmobles de características especiais, cando
o propietario teña a condición de contribuínte
en razón da superficie non afectada polas concesións,
actuará como substituto do mesmo o Ente ou Organismo
público ao que se refire o paragrafo segundo
do nº. 1 do Artigo 63 do Texto Refundido de Facendas
Locais do 5 de Marzo de 2004 na súa redacción
dada pola Lei 16/2007, o cal non poderá repercutir
no contribuínte o importe da débeda tributaria
satisfeita.
O disposto no apartado
anterior será de aplicación, sen prexuízo
da facultade do suxeito pasivo de repercutir a carga
tributaria soportada conforme ás normas de dereito
común.
As administracións
públicas e os entes ou organismos considerados
suxeitos pasivos, repercutirán a parte da cota
líquida do Imposto que corresponda, en quen,
non reunindo a condición de suxeitos pasivos,
fagan uso mediante contraprestación dos seus
bens demaniais ou patrimoniais, os cales estarán
obrigados a soportar a repercusión, que se determinará
en razón á parte do valor catastral que
corresponda á superficie utilizada e á
construcción directamente vinculada a cada arrendatario
ou cesionario do dereito de uso.
Artigo 3º. Responsables:
1.
Responden solidariamente das obrigacións tributarias
todas as persoas que sexan causantes dunha infracción
tributaria ou que colaboren en cometela.
2.
Os coparticipantes ou cotitulares das Entidades xurídicas
ou económicas a que se refire a Lei Xeral Tributaria
responderán solidariamente en proporción
as súas respectivas participacións das
obrigas tributarias destas Entidades.
3.
No suposto de sociedades ou entidades disoltas e liquidadas,
as súas obrigas tributarias pendentes transmitiranse
ós socios ou partícipes no capital, que
responderán delas solidariamente e ata o límite
do valor da cota de liquidación que se lles houbese
adxudicado.
4.
A responsabilidade esixirase en todo caso nos termos
e de acordo co procedemento previsto na Lei Xeral Tributaria
Artigo 4º. Exencións e afeccións
reais:
1.
Exencións directas de aplicación de oficio:
as comprendidas no Texto Refundido da Lei de Facendas
Locais, do 5 de Marzo de 2004.
2.
Exencións directas de carácter rogado:
as comprendidas con tal carácter no Texto Refundido
da Lei de Facendas Locais, do 5 de Marzo de 2004.
3.
Exencións potestativas:
a) Os bens inmobles de
natureza urbana cuxa cota líquida sexa inferior
a 6,00 €uros.
b) Os bens de natureza
rústica, con independencia da súa cota
líquida resultante.
4.
Con carácter xeral, a concesión de exencións
terá efecto a partir do exercicio seguinte á
data da solicitude e non pode ter carácter retroactivo.
Non obstante, cando o beneficio fiscal se solicita antes
de que a liquidación sexa firme, concederase
se na data de devengo do tributo concorren os requisitos
esixidos para o seu disfrute.
5.
Afección real na transmisión e responsabilidade
solidaria na cotitularidade. De acordo co Artigo 64
do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais do 5 de
Marzo de 2004, nos supostos de cambio, por calquera
causa, na titularidade dos dereitos que constitúen
o feito impoñible deste Imposto, os bens inmobles
obxecto de ditos dereitos quedarán afectos ó
pago da totalidade da cota tributaria, en réxime
de responsabilidade subsidiaria, nos termos previstos
na Lei Xeral Tributaria. A estes efectos, os Notarios
solicitarán información e advertirán
expresamente ós comparecentes nos documentos
que autoricen sobre as débedas pendentes polo
Imposto sobre Bens Inmobles asociadas ó inmoble
que se transmite, sobre o prazo dentro do cal están
obrigados os interesados a presentar declaración
polo Imposto, cando tal obriga subsista por non terse
aportado a referencia catastral do inmoble, conforme
ó apartado 2 do Artigo 43 do Texto Refundido
da Lei do Catastro Inmobiliario e outras normas tributarias,
sobre a afección dos bens ó pago da cota
tributaria e, así mesmo, sobre as responsabilidades
en que incorran pola falta de presentación de
declaracións, ou non efectualas en prazo ou a
presentación de declaracións falsas, incompletas
ou inexactas, conforme ó previsto no Artigo 70
do Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario e
outras normas tributarias.
6.
Responden solidariamente da cota deste Imposto, e en
proporción as súas respectivas participacións,
os copartícipes ou cotitulares das entidades
ás que se refire o Artigo 35.4. da Lei 58/2003,
do 17 de Decembro, Xeral Tributaria, si figuran inscritos
como tales no Catastro Inmobiliario. De non figurar
inscritos, a responsabilidade esixirase por partes iguales
en todo caso.
Artigo 5º. Base impoñible:
1.
A base impoñible está constituída
polo valor catastral dos bens inmobles, que se determinará,
notificará e será susceptible de impugnación
conforme ás normas reguladoras do Catastro Inmobiliario.
A base impoñible
dos bens inmobles de características especiais
non terá reducción de forma xeral, agás
o disposto no Artigo 67.2 do Texto Refundido da Lei
Reguladora das Facendas Locais na súa redacción
dada pola Lei 16/2007. Estes valores poderán
ser obxecto de revisión, modificación
ou actualización nos casos e do xeito que a Lei
prevea.
Artigo 6º. Reduccións:
1.
A reducción da base impoñible será
aplicable a aqueles bens inmobles, urbanos e rústicos,
que se atopen nalgunha das seguintes situacións:
a) Inmoble cuxo valor
catastral se incremente como consecuencia de procedementos
de valoración colectiva, de carácter xeral,
en virtude da aplicación do novo relatorio total
de valor aprobado con posterioridade ó 1 de Xaneiro
de 1997 ou por aplicación de sucesivos relatorios
totais de valores que se aproben unha vez transcorrido
o período de reducción establecido no
Artigo 67 e seguintes do Texto Refundido da Lei reguladora
das Facendas Locais do 5 de Marzo de 2004.
b) Cando se aprobe un
relatorio de valores que dera lugar á aplicación
da reducción prevista, como consecuencia da aplicación
prevista anteriormente e cuxo valor catastral se altere
antes de finalizar o prazo de reducción por:
1.- Procedemento de valoración
colectiva de carácter xeral.
2.- Procedemento de valor
colectiva de carácter parcial.
3.- Procedemento simplificado
de valoración colectiva.
4.- Procedemento de inscrición
mediante declaracións, comunicacións,
solicitudes e subsanación de discrepancia e inspección
catastral.
2.
A reducción será aplicable de oficio coas
normas contidas nos Artigos 67, 68, 69 e 70 do Texto
Refundido da Lei de Facendas Locais do 5 de Marzo de
2004.
Estas reduccións, en ningún caso, serán
aplicables ós bens inmobles de características
especiais, salvo as establecidas anteriormente e contidas
no dito texto legal.
Artigo 7º. Base liquidable:
1.
A base liquidable será o resultado de practicar,
no seu caso, na impoñible as reduccións
que legalmente se establezan.
2.
A base liquidable nos bens inmobles de características
especiais coincidirá ca base impoñible,
salvo as específicas aplicacións que prevea
a lexislación.
3.
A base liquidable notificarase conxuntamente coa base
impoñible nos procedementos de valoración
colectiva. A dita notificación incluirá
a motivación da reducción aplicada mediante
a indicación do valor base do inmoble así
como o importe da reducción, no seu caso, e da
base liquidable do primeiro ano de vixencia do valor
catastral.
4.
O valor base será a base liquidable conforme
ás normas do Texto Refundido da Lei do Catastro
Inmobiliario aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2004,
do 5 de Marzo e regulamentos de desenrolo.
5.
A competencia nos distintos procedementos de valoración
será a establecida no Texto Refundido da Lei
do Catastro Inmobiliario aprobado por Real Decreto Lexislativo
1/2004, do 5 de Marzo e regulamentos de aplicación.
Artigo 8º. Tipo de gravame e cota:
O
tipo de gravame será:
a. Para os bens inmobles
de natureza urbana: o 0,6 %.
b. Para os bens inmobles
de natureza rústica: o 0,3 %.
c. Para todos os grupos
de bens inmobles de características especiais:
o 1,3 %.
Artigo 9º. Período impositivo e
acreditación do Imposto:
1.
O período impositivo é o ano natural.
2.
O Imposto acredítase o primeiro día do
ano.
3.
As variacións de orde físico, económico
ou xurídico, incluíndo as modificacións
de titularidade, terán efectividade a partires
do ano seguinte a aquel no que se produzan.
4.
Cando o Concello coñeza a conclusión das
obras que orixinen unha modificación de valor
catastral respecto ó que figura no seu Padrón,
liquidará o I.B.I. na data na que o Catastro
lle notifique o novo valor catastral. Neste caso a liquidación
do Imposto comprenderá a cota correspondente
ós exercicios comprendidos entre o seguinte a
aquel no que se van a finalizar as obras que orixinaron
a modificación do valor e o presente exercicio.
No seu caso, deducirase da liquidación correspondente
a este exercicio e ós anteriores a cota satisfeita
por I.B.I. a razón da outra configuración
do inmoble.
Artigo 10º. Réxime de declaración
e ingreso:
1.
Ós efectos previstos no Artigo 76 do Texto Refundido
da Lei de Facendas Locais do 5 de Marzo de 2004, os
suxeitos pasivos están obrigados a formalizar
as declaracións de alta, no suposto de novas
construccións, as declaracións de modificación
de titularidade en caso de transmisión do ben,
así como as restantes declaracións por
alteracións de orde físico, económico
ou xurídico nos bens inmobles que teñan
transcendencia a efectos deste Imposto.
2.
Sen prexuízo da obrigación dos suxeitos
pasivos de presentar as modificacións, alteracións
e demais, o Concello, sen menoscabo das facultades do
resto das Administracións Públicas, comunicará
ó Catastro a incidencia dos valores catastrais
ó outorgar licencia ou autorización municipal.
3.
As liquidacións tributarias serán practicadas
polo Concello, tanto as que corresponden a valores–recibo
como as liquidacións por ingreso directo, sen
prexuízo da facultade de delegación da
xestión tributaria.
4.
Contra os actos de xestión tributaria, competencia
do Concello, os interesados poderán formular
recurso de reposición, previo ó contencioso–administrativo,
no prazo dun mes a partir da notificación expresa
ou da exposición pública dos padróns
correspondentes.
5.
A interposición de recurso non paraliza a acción
administrativa para o cobro, a menos que dentro do prazo
previsto para interpoñer o recurso o interesado
solicite a suspensión da execución do
acto impugnado e acompañe a garantía polo
total da débeda tributaria. Non obstante, en
casos excepcionais, a Alcaldía pode acordar a
suspensión do procedemento, sen prestación
de ningún tipo de garantía, cando o recorrinte
xustifique a imposibilidade de prestala ou ben demostrara
de xeito concluínte a existencia de erros materiais
na liquidación que se impugna.
6.
O período de cobro para os valores–recibo
notificados colectivamente determinarase cada ano e
anunciarase conforme ó Texto Refundido da Lei
do Catastro Inmobiliario do 5 de Marzo de 2004.
As liquidacións de ingreso directo deben ser
satisfeitas nos períodos fixados polo Regulamento
Xeral de Recadación, que son:
a) Para as notificadas
dentro da primeira quincena do mes: ata o día
5 do mes natural seguinte.
b) Para as notificadas
dentro da segunda quincena do mes: ata o día
20 do mes natural seguinte.
7.
Transcorridos os períodos de pago voluntario
sen que a débeda se teña satisfeito, iniciarase
o período executivo, o cal comporta a acreditación
do recargo do 20 por cento do importe da débeda
non ingresada, así como o dos intereses de demora
correspondentes.
A
presente redacción desta Ordenanza Fiscal foi
aprobada polo Pleno do Concello de Avión na súa
sesión do 27 de setembro de 2007