ORDENANZA
FISCAL DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA
NO FOGAR
Artigo 1º.
De conformidade có
disposto no Artigo 20.4 do Real Decreto Lexislativo
2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido
da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello
de Avión establece a Taxa pola prestación do servizo
de Axuda no Fogar.
Artigo 2º.
Constitúe o feito
impoñible a prestación do servizo de axuda
a domicilio concedido a traveso dos Servizos Sociais
municipais.
Artigo 3º.
Son suxeitos pasivos
desta taxa todas aquelas personas que, voluntariamente,
ben de forma temporal ou con carácter estable, se beneficien
do servizo.
Artigo 4º.
1. A solicitude do servizo
tramitarase ante os servizos Sociais municipais, os
cales a avaliarán e proporán a súa
aprobación ou denegación, que será
acordada pola Alcaldía do Concello. Igualmente,
será competencia da Alcaldía a supresión ou interrupción
do servizo, previo informe dos Servizos Sociais Municipais.
2. O servizo prestarase unicamente
en días laborais.
3. O tempo mínimo de prestación
diaria do servicio non poderá ser inferior a
unha hora, e o tempo máximo non poderá
exceder das dúas horas.
Artigo 5º.
1. A cota tributaria
será el prezo máximo a satisfacer por cada hora de prestación
do servizo, establecéndose este no importe de
9,00 €uros.
2. Esta cota toma como
referencia o custe máximo por hora do servizo de atención
de axuda no fogar aprobado pola Xunta de Galicia dentro
do programa do cheque asistencial.
Artigo 6º.
1. A Tarifa aplicable
pola prestación deste servizo virá determinada
pola renda ponderada da unidade familiar, entendendo
como tal o conxunto de persoas que conviven co usuario/a
do servizo, incluido este/a, sendo a dita Tarifa a resultante
da aplicación da seguinte escala: Tarifas a pagar por hora de Servizo segundo
a Renda Ponderada:
– Ata 301,55 €. ………………………………... 0,00 €.
–De 301,56 a 400,00 €. ……………………….0,90 €.
– De 400,01 a 550,00 €. ………………………. 1,80 €.
– De 550,01 a 750,00 €. ……………………….3,60 €.
– De 750,01 a 900,00 €. ………………………. 5,50 €.
– De 900,01 a 1.200,00 €. ……………………..6,75 €.
– Más de 1.200,01 €. …………………………. 9,00 €.
2. O importe exento de
pago que figura como primeiro tramo da anterior escala
da Tarifa toma como referencia a contía básica
da pensión non contributiva de xubilación.
Artigo 7º.
O importe da renda ponderada
da unidade familiar calcularase multiplicando a suma
de todos os ingresos mensuais dos seus membros polo
coeficiente que corresponda segundo o número de persoas
que a formen, de acordo coa seguinte escala:
Nº.
de membros Coeficiente
–
1 persoa ........................... 1,0
-
2 persoas ......................... 0,6
–
3 persoas ......................... 0,5
–
4 ou máis persoas ............... 0,4
Artigo 8º.
Nos casos nos que no
domicilio haxa alomenos unha persoa con unha reducción
de movilidade igual ou superior ao 90 %, acreditada
por Informe Médico, a Tarifa a facturar será a correspondente
ao tramo anterior ó que lle corresponda, segundo
a escala do Artigo 6º. da presente.
Artigo 9º.
Os criterios de actualización
dos importes, tramos e prezos que se establecen na presente
Ordenanza serán os seguintes, e aplicaranse de forma
automática con data do 1 de xaneiro de cada ano natural:
a) A cota tributaria establecida
no Artigo 5º. terá sempre como referencia o custe
máximo por hora do servizo de atención de axuda no fogar
que aprobe a Xunta de Galicia dentro do programa do
cheque asistencial, ou similar, no caso de transformación
ou modificación deste.
b) O importe exento de pago que figura
como primeiro tramo da escala da Tarifa establecida
no Artigo 6º. será sempre do mesmo importe que a contía
básica que se estableza para a pensión non contributiva
de xubilación.
c) Os seguintes tramos da escala
da Tarifa establecida no Artigo 6º. Actualizaranse anualmente
coa mesma proporcionalidade que o incremento que experimente
o primeiro, segundo o disposto na letra anterior.
d) O prezo a satisfacer por cada
un dos tramos da escala de Tarifa establecida no Artigo
6º. incrementarase anualmente segundo o I.P.C., excepto
o último tramo, que coincidirá co importe total da cota
tributaria que corresponda.
Artigo 10º.
1. A taxa regulada na
presente Ordenanza Fiscal se devengarase no momento
en que se inicie a prestación do servizo.
2. O período impositivo
será mensual, e o pago realizarase a mes vencido.
3. A falta de pago de
dúas cotas mensuais consecutivas ou de tres discontinuas
nun período dun año, poderá determinar a interrupción
do servizo.
4. De incurreir en dúas
ou máis interrupcións polas causas contidas
no apartado anterior poderase determinar a supresión
do servizo.
Artigo 11º.
Facúltase expresamente
á Xunta de Goberno Local do Concello de Avión
para que, á vista de situacións especiais
de necesidade, debidamente documentadas e xustificadas,
poida establecer, de forma extraordinaria, reduccións
no prezo para aquelas familias que a súa situación
económica non permita o abono dos importes ou ben supoñan
unha carga inasumible en todo ou en parte. Podendo,
se las circunstancias así o aconsellasen, chegar estas
reducciones ata o 100 % do seu importe.
Disposición Adicional. No non previsto
na presente Ordenanza Fiscal estarase ó disposto
nos Artigos 20 ao 27 do Real Decreto Lexislativo 2/2004,
de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido
da Lei Reguladora das Facendas Locais, nos Artigos 6
ao 23 da Lei 8/1989, de 13 de abril, de Taxas e Prezos
Públicos e nos Artigos 49 e 70.2 de la Ley 7/1985, de
2 de abril, Reguladora das Bases do Régime Local. A
presente redacción desta Ordenanza Fiscal foi aprobada
polo Pleno do Concello de Avión na súa sesión
de 17 de marzo de 2006.