Artigo 1º.:
En uso das facultades
conferidas polos artigos 133,2 e 142 da Constitución
e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora
das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto
nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro,
Reguladora das Facendas Locais, este Concello de Avión
establece a Taxa pola Recollida Domiciliaria de Lixos
ou Residuos Sólidos Urbanos, que se rexerá pola
presente Ordenanza Fiscal, cuxas normas atenden ao prevido
no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo2º.:
1. Dado o carácter hixiénico-sanitario
e de interés xeral, o servizo é de obrigatoria
aplicación e pago para toda persoa física ou xurídica
que sexa suxeito pasivo da obrigación, segundo o establecido
no artigo 5º da presente Ordenanza. 2. Queda totalmente
prohibido o vertido de lixo en todo el termo municipal.
Artigo 3º.:
1. Constitúe o feito
impoñible da Taxa a prestación do servizo de
recepción obrigatoria de recollida, condución, trasiego,
verquido, manipulación e eliminación de lixos domiciliarios
e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos
e locais ou establecementos onde se exercen actividades
industriais, comerciais, profesionais, artísticas, de
servizos ou similares.
2. Entran dentro do ámbito
de aplicación da presente Ordenanza as escouras e residuos
sólidos producidos como consecuencia das seguintes actividades
e situacións:
a) Domiciliarias.
b) Comerciais e de servizos.
c) Sanitarias.
d) Abandono de aparellos, mobles e vehículos.
e) Industriais, de construcción de obras menores, de
reparación domiciliaria.
f) Outras análogas.
3. As basuras haberán
de ser depositadas polos usuarios do servizo nos contenedores
instalados ao efecto, e deberán ser introducidas previamente
en bolsas de plástico debidamente pechadas. As basuras
que polas súas características especiais non
poidan ser depositadas nas correspondentes bolsas, serán
sacados á vía pública no momento da recollida.
Artigo 4º.:
1. A obriga de contribuir
nace coa prestación do servizo, por ter a condición
de obrigatoria e xeral, entendéndose utilizado polos
titulares de vivendas e locais existentes na zona que
cubra a organización do servizo. 2. Non será admisible
alegación algunha sobre vivendas ou locais pechados
ou non utilizados como eximente do pago da presente
Taxa.
Artigo 5º.:
1. Son suxeitos pasivos
contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas
e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral
Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais
ubicados nos lugares en que se preste o servizo, xa
sexa a título de propietario ou de usufructuario, habitacionista,
arrendatario ou, mesmo, de precario.
2. Terán a consideración
de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte
os propietarios das vivendas ou locais, os cales poderán
repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre
os usuarios de aquelas, beneficiarios do servizo.
Artigo 6º.:
A cota tributaria consistirá
nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará
en función da natureza e destino dos inmobles. A tal
efecto, aplicarase a seguinte Tarifa: Concepto Importe
a) Vivendas de carácter familiar .......................................
40,00 €
b) Actividades comerciais, industriais, financieiras
e outras de carácter similar .............................................
. 65,00 €.
Artigo 7º.:
1. Para os efectos da
cobranza da presente Taxa, por parte do Concello formarase
un padrón no que figurarán os contribuíntes e
as cotas respectivas que se lles liquiden por aplicación
da presente Ordenanza. Ás altas ou incorporacións,
que non sexan a petición propia, notificaránselles
estas persoalmente aos interesados.
2. Unha vez incluídos
os contribuíentes no Padrón de referencia non
será necesaria notificación persoal algunha, abondando
a publicación anual do mesmo no “Boletín Oficial da
Provincia” e Taboleiro de Anuncios.
Artigo 8º.:
1. As baixas no Padrón
deberán cursarse antes do último día
laborable do respectivo exercicio para que produzan
efectos a partir do exercicio seguinte.
2. As altas que se produzan
dentro do exercicio producirán efectos dende
a data en que naza a obriga de contribuír. Pola
administración municipal liquidarase en tal momento
da alta a Taxa procedente e quedará automaticamente
incorporada ao Padrón para os seguintes exercicios.
Artigo 9º.:
1. A Taxa regulada pola
presente Ordenanza devengarse por anos completos o día
primeiro de cada exercicio.
2. As cotas liquidadas
e non satisfeitas no período voluntario e a súa
prórroga faranse efectivas pola vía de
apuro, conforme ás normas do Regulamento Xeral
de Recadación
3. Consideraranse partidas
falidas ou créditos incobrables aquelas cotas
que non puideran facerse efectivas polo procedemento
de constrinximento, para a declaración do cal
se formalizará o oportuno expediente, de acordo
co prevido no regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 10º.:
1. En todo o relativo
á cualificación de infraccións
tributarias, así como das sancións que
a estas correspondan en cada caso, estarase ao disposto
nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
2. As infraccións
a esta Ordenanza que non constitúan defraudación
serán resoltas pola Alcaldía, na forma e contía previstas
nas disposicións legais vixentes.
A presente redacción desta Ordenanza Fiscal foi aprobada
polo Pleno do Concello de Avión na súa sesión
de 28 de novembro de 2001.