ORDENANZA
FISCAL DA TAXA POR OCUPACIÓNS DO SUBSOLO, SOLO
E VOO DA VÍA PÚBLICA
Artigo 1º.: Ao amparo do previsto
no artigo 58, en relación co artigo 20.3, ambos
os dous da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora
das Facendas Locais, modificada pola Lei 25/1998, de
13 de xullo, de Modificación do Réxime
Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación
das Prestacións Patrimoniais de Carácter
Público, e de conformidade co que dispoñen
os artigos 15 a 19 da devandita Lei Reguladora das Facendas
Locais, este Concello establece a Taxa por Ocupacións
do Subsolo, Solo e Voo da Vía Pública,
que se rexerá por a presente Ordenanza Fiscal.
Artigo 2º.: Constitúe
o feito impoñible da Taxa a utilización
privativa ou os aproveitamentos especiais constituídos
no solo, subsolo e voo das vías públicas
municipais
Artigo 3º.: Son suxeitos pasivos
da Taxa regulada nesta Ordenanza, en concepto de contribuíntes,
as persoas físicas e xurídicas, así
como as entidades a que se refire o Artigo 33 da Lei
Xeral Tributaria, ao favor da cal se outorguen as licencias
para gozar do aproveitamento especial, ou os que se
beneficien deste sen solicitar a oportuna autorización.
En calquera caso, haberá de tratarse de empresas
explotadoras de servizos de subministracións
que afecten á xeneralidade ou a unha parte importante
da poboación do Municipio, tanto cando sexan
propietarias da rede que materialmente ocupa o subsolo,
solo ou voo das vías públicas municipais
como no suposto de que utilicen redes que pertenzan
a un terceiro.
Artigo 4º.:
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias
do suxeito pasivo todas as persoas que sexan causantes
ou colaboren na realización dunha infracción
tributaria.
2. Os copartícipes ou cotitulares das entidades
xurídicas ou económicas a que se refire
o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria responderán
solidariamente en proporción ás súas
respectivas participacións das obrigas tributarias
das devanditas Entidades.
3. Os administradores de persoas xurídicas que
non realicen os actos da súa incumbencia para
o cumprimento das obrigas tributarias daquelas responderán
subsidiariamente das débedas seguintes:
a) Cando cometa unha infracción tributaria simple,
do importe da sanción.
b) Cando cometa unha infracción tributaria grave,
da totalidade da débeda esixible.
c) Nos supostos de cesamento das actividades da sociedade,
do importe das obrigas tributarias pendentes na data
do cesamento.
4. A responsabilidade esixirase, en todo caso, nos termos
e conforme ao procedemento previsto na Lei Xeneral Tributaria.
Artigo 5º.:
1. O Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades
Locais non estarán obrigadas ao pagamento da
Taxa cando soliciten licenza para gozar dos aproveitamentos
especiais necesarios para os servizos públicos
de comunicacións que exploten directamente e
para outros usos que inmediatamente interesen á
seguridade cidadá ou á defensa nacional.
2. Non se aplicarán bonificacións nin
reducións para a determinación da débeda
Artigo 6º.: A base impoñible
desta Taxa estará constituída polos ingresos
brutos procedentes da facturación que obteñan
anualmente no Termo Municipal os suxeitos pasivos que
se sinalan no artigo 3º da presente Ordenanza
Artigo 7º.:
1. O importe da cota da Taxa regulada nesta Ordenanza
consistirá, en todo caso, e sen excepción
ningunha, no 1,5 por 100 da base impoñible establecida
no artigo anterior.
2. A contía desta Taxa que puidese corresponder
a Telefónica de España, S.A. estará
englobada na compensación en metálico
de periodicidade anual a que se refire o apartado 1
do artigo 4º da Lei 15/1987, do 30 de xullo, de
Tributación da Compañía Telefónica
Nacional de España, modificado pola Disposición
Adicional Oitava da Lei 39/1988, do 28 de decembro,
Reguladora das Facendas Locais, comprendendo tanto a
facturación de Telefónica de España,
S.A. como a das súas empresas filiais.
3. Poderanse establecer convenios de colaboración
con organizacións representativas dos suxeitos
pasivos, ou con entidades que deban tributar por municipalidade
de feitos impoñibles, co fin de simplificar os
procedementos de declaración, liquidación
ou recadación
Artigo 8º.:
1. A Taxa devengarase cando se inicie o uso privativo
ou o aproveitamento especial, momento que a estes efectos,
enténdese que coincide co de concesión
da licenza, se a mesma fose solicitada.
2. Cando se produza o uso privativo ou aproveitamento
especial sen solicitar licenza, a remuneración
da Taxa terá lugar no momento do inicio do devandito
aproveitamento.
Artigo 9º.:
1. Cando a utilización privativa ou o aproveitamento
especial deba durar menos dun ano, o período
impositivo coincidirá con aquel determinado na
licenza municipal.
2. Cando a utilización privativa ou o aproveitamento
especial se estenda a varios exercicios, a remuneración
da Taxa terá lugar o 1 de xaneiro de cada ano
e o período impositivo comprenderá o ano
natural, agás nos supostos de inicio ou cesamento
na utilización privativa ou aproveitamento especial,
nos que se aplicará o previsto nos apartados
seguintes.
3. Cando se inicie a ocupación no primeiro semestre,
aboarase en concepto de Taxa correspondente a ese exercicio
a cota íntegra. Se o inicio da ocupación
ten lugar no segundo semestre do exercicio liquidarase
a metade da cota anual.
4. Se se cesa na ocupación durante o primeiro
semestre do exercicio procederá a devolución
da metade da cota. Se o cesamento ten lugar no segundo
semestre, non procederá devolver cantidade ningunha
Artigo 10º.:
1. A Taxa poderá esixirse en réxime de
autoliquidación.
2. Cando se subscribisen convenios con representantes
dos interesados, segundo o previsto no artigo 7.3 desta
Ordenanza, as declaracións de inicio do aproveitamento
especial, ou das variacións dos elementos tributarios,
así como o ingreso da Taxa realizaranse segundo
o convenio.
3. En supostos diferentes do previsto no apartado anterior,
as cantidades esixibles conforme á tarifa liquidaranse
por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán
irreducibles polos períodos de tempo sinalados
nos respectivos epígrafes.
4. En supostos de concesións de novos aproveitamentos,
a obriga de pagamento nace no momento de solicitar a
correspondente licenza. A estes efectos, xunto coa solicitude
de autorización para gozar do aproveitamento
especial, presentarase a correspondente autoliquidación
da Taxa.
5. O suxeito pasivo poderá solicitar a domiciliación
do pagamento da Taxa.
Artigo 11º.: As infraccións
e sancións en materia tributaria rexeranse polo
disposto na Lei Xeral Tributaria e a súa normativa
de desenvolvemento.
A presente redacción desta Ordenanza Fiscal foi
aprobada polo Pleno do Concello de Avión na súa
sesión do 17 de novembro de 1998.