ORDENANZA
FISCAL DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS
Artigo 1º.: Este Concello de Avión
establece o Imposto sobre Actividades Económicas,
rexendo integramente o establecido ao respecto na Lei
39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas
Locais, tras a nova redacción dada pola Lei 51/2002,
do 27 de decembro.
Artigo 2º.: Constitúe
o feito impoñible do Imposto o exercicio de actividades
empresariais, profesionais ou artísticas.
Artigo 3º.: Son suxeitos pasivos
deste Imposto as persoas e as entidades a que se refire
o Artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, sempre que realicen
calquera das actividades que orixinan o feito impoñible
e non se atopen comprendidas en ningunha das causas
de exención establecidas na nova redacción
do Artigo 83 da Lei 39/1988 dada pola Lei 51/2002, do
27 de decembro, de Reforma da Reguladora das Facendas
Locais.
Artigo 4º.: A todas as actividades
exercidas neste Termo Municipal de Avión e que
lles sexa de aplicación esta Imposto, aplicaránselles
as cotas tributarias cos coeficientes de ponderación
determinados en función do importe neto da cifra
de negocios, segundo as regras establecidas para iso
na vixente Lei Reguladora das Facendas Locais.
Artigo 5º.: Non se establecen
categorías fiscais nas vías públicas
nin nos núcleos do Municipio.
Artigo 6º.: No non previsto na
presente Ordenanza rexerán os preceptos contidos
na Lei 39/1988, tras a nova redacción dada pola
Lei 51/2002, do 27 de decembro, de Reforma da Reguladora
das Facendas Locais, nas normas concordantes e complementarias,
así como nas demais Leis do Estado reguladoras
da materia, e nas disposicións ditadas, ou que
se diten, para a súa regulación e desenvolvemento.
Disposición Adicional: A presente
Ordenanza entenderase modificada automaticamente, sen
necesidade de acordo algún de Pleno, nos supostos
en que por unha norma de superior rango se modifiquen
aspectos dos contidos na presente e nos termos nos que
se establezan.
A presente redacción desta Ordenanza Fiscal foi
aprobada polo Pleno do Concello de Avión na súa
sesión do 11 de febreiro de 2003.