ORDENANZA
FISCAL DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS
E OBRAS
Artigo 1º.: De conformidade co
disposto no artigo 60.2 da Lei 39/1988, do 28 de decembro,
Reguladora das Facendas Locais, este Concello de Avión
establece o Imposto sobre Construcións, Instalacións
e Obras.
Artigo 2º.: Constitúe
o feito impoñible do Imposto a realización,
dentro do Termo Municipal, de calquera construción,
instalación ou obra para a que se esixa obtención
da correspondente licenza de obras ou urbanística,
obtivérase ou non a devandita licenza, sempre
que a súa expedición corresponda a este
Concello
Artigo 3º.: Son suxeitos pasivos
de este Imposto as persoas físicas ou xurídicas
e as Entidades a que se refire o Artigo 33 da Lei Xeral
Tributaria, propietarias dos inmobles sobre os que se
realicen as construcións, instalacións
ou obras, sempre que sexan donos das obras; nos demais
casos considerarase contribuínte a quen ostente
a condición de dono da obra.
Artigo 4º.: A base impoñible
do Imposto está constituída polo custo
real e efectivo da construción, instalación
ou obra.
Artigo 5º.:
1. A cota deste Imposto
será o resultado de aplicar á base impoñible
o tipo de gravame.
2. O tipo de gravame será
o 2 por cento.
Artigo 6º.: O presente Imposto
devengarase no momento de iniciarse a construción,
instalación e obra, aínda cando non se
obteña a correspondente licenza.
Disposición Adicional: No non
previsto na presente Ordenanza Fiscal se estará
ao disposto nos Artigos 101 a 104, ambos os dous inclusive,
da Lei 39/1988.
A presente redacción desta Ordenanza Fiscal foi
aprobada polo Pleno do Concello de Avión na súa
sesión do 7 de outubro de 1989