ORDENANZA
FISCAL DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN
MECÁNICA
Artigo 1º.: De conformidade co
disposto no artigo 60.1 da Lei 39/1988, do 28 de decembro,
Reguladora das Facendas Locais, e por imposición
deste, neste Concello de Avión establécese
o Imposto sobre Vehículos de Tracción
Mecánica.
Artigo 2º.: Constitúe
o feito impoñible do Imposto a titularidade dos
vehículos de tracción mecánica
aptos para circular polas vías públicas,
calquera que sexan a súa clase e categoría.
Artigo 3º.: Son suxeitos pasivos
deste Imposto as persoas físicas ou xurídicas
e as Entidades a que se refire o Artigo 33 da Lei Xeral
Tributaria, ao nome da cal conste o vehículo
no permiso de circulación.
Artigo 4º.: De conformidade co
previsto no Artigo 96.5 da Lei 39/1988, do 28 de decembro,
Reguladora das Facendas Locais, as cotas do Imposto
sobre Vehículos de Tracción Mecánica
aplicables neste Municipio quedan fixadas conforme ao
cadro que se establece no Artigo 96.1, sen prexuízo
dos incrementos que poida sufrir a través da
Lei de Presupostos Xerais do Estado, sendo na actualidade
as seguintes:
Potencia e Clase do Vehículo Cota
A) Turismos:
De menos de 8 cabalos fiscais .....................................12,62
€.
De 8 ata 11,99 cabalos fiscais ..................................34,08
€.
De 12 ata 15,99 cabalos fiscais ................................71,94
€.
De 16 ata 19,99 cabalos fiscais ................................89,61
€.
De 20 cabalos fiscais en adiante ................................
112,00 €.
B) Autobuses:
De menos de 21 prazas ...................................................83,30
€.
De 21 a 50 prazas ............................................................118,64
€.
De más de 50 prazas .......................................................
148,30 €.
C) Camións:
De menos de 1.000 kg. de carga útil ...............................42,28
€.
De 1.000 kg. ata 2.999 kg. de carga útil ......................83,30
€.
De máis de 2.999 ata 9.999 kg. de carga útil
...............118,64 €.
De máis de 9.999 kg, de carga útil ...................................
148,30 €.
D) Tractores:
De menos de 16 cabalos fiscais ...................................17,67
€.
De 16 a 25 cabalos fiscais ............................................27,77
€.
De máis de 25 cabalos fiscais .......................................
83,30 €.
E) Remolques e Semirremolques:
De menos de 1.000 kg. e máis de 750 kg. de carga
útil ..17,67 €.
De 1.000 kg. ata 2.999 kg. de carga útil ......................27,77
€.
De máis de 2.999 kg. de carga útil ...................................
83,30 €.
F) Outros Vehículos:
Ciclomotores ....................................................................4,42
€.
Motocicletas de ata 125 cc. .........................................4,42
€.
Motocicletas de máis de 125 cc. ata 250 cc. ................7,57
€.
Motocicletas de máis de 250 cc. ata 500 cc. ................15,15
€.
Motocicletas de máis de 500 cc. ata 1.000 cc.
.............30,29 €.
Motocicletas de máis de 1.000 cc. ...................................
60,58 €.
Artigo 5º.: O pagamento do Imposto
acreditarase mediante recibos tributarios. Artigo 6º.:
1. No caso de primeiras
adquisicións dun vehículo ou cando estes
se reformen de maneira que se altere a súa clasificación
para os efectos do presente Imposto, os suxeitos pasivos
presentarán ante a oficina xestora correspondente,
no prazo de trinta días a contar da data da adquisición
ou reforma, declaración por este Imposto, acompañando
a documentación acreditativa da súa compra
ou modificación, certificado das súas
características técnicas e o Documento
Nacional de Identidade ou o Código de Identificación
Fiscal do suxeito pasivo.
2. Pola oficina xestora
practicarase a correspondente liquidación, normal
ou complementaria, que será notificada individualmente
aos interesados, con indicación do prazo de ingreso
e dos recursos procedentes
Artigo 7º.:
1. No caso de vehículos
xa matriculados ou declarados aptos para a circulación,
o pagamento das cotas anuais do Imposto realizarase
dentro do segundo semestre de cada exercicio.
2. No suposto regulado
no apartado anterior, a recadación das correspondentes
cotas realizarase mediante o sistema de padrón
anual no que figurarán todos os vehículos
suxeitos ao Imposto que se achen inscritos no correspondente
Rexistro Público a nome de persoas ou entidades
domiciliadas neste termo municipal.
3. O Padrón do
Imposto exporase ao público por prazo de quince
días hábiles para que os lexítimos
interesados poidan examinalo e, no seu caso, formular
as reclamacións oportunas. A exposición
ao público anunciarase no "Boletín
Oficial da Provincia" e producirá os efectos
de notificación da liquidación a cada
un dos suxeitos pasivos
Disposición Adicional: No non
previsto na presente Ordenanza Fiscal se estará
ao disposto nos Artigos 93 a 100, ambos os dous inclusive,
da Lei 39/1988.
A
presente redacción desta Ordenanza Fiscal foi
aprobada polo Pleno do Concello de Avión na súa
sesión do 7 de outubro de 1989.