Ten por obxectivo informar, asesorar
e orientar aos cidadans, grupos e á comunidade
en xeral sobre os distintos dereitos e recursos en materia
de servizos sociais, e dos procedementos que hai que seguir
para o seu exercicio. Este programa supon a primeira canle
de acceso do usuario aos servizos sociais e tamén,
unha vez diagnosticada a situación, aos servizos sociais
especializados se fose o caso.
O
obxectivo xeral, é conseguir que a información
sexa coñecida polo maior número de persoas. Os
destinatarios serán os habitantes do Concello de
Avión.
Os distintos tipos de actividades
dentro deste servizo serán:
Atención á demanda,
avaliación da situación, orientación e asesoramento
individualizado.
Tramitación e Xestión de
recursos.
Proposta de Intervención,
Derivación a outros Programas ou Servizos.
Actividades de Recollida
e Difusión da Información.
Campañas públicas de difusión
por medio de carteis, folletos ou charlas enviadas a tódolos
núcleos de poboación do Concello .