Ten
como finalidade prestar un conxunto de atencións
aos habitantes do Concello de Avión no seu domicilio,
en aquelas situacións nas que teñan limitada
a súa autonomía persoal ou nos casos de desintegración
familiar, facilitando a permanencia no seu propio entorno
e evitando así a súa posible institucionalización.
O servizo prestase, polo momento,
a través de 6 auxiliares que realizan, no propio
fogar do usuario/a distintas tarefas de apoio.
Obxectivos:
Previr situacións de marxinación, mediante
a prestación duns servizos de carácter doméstico
ou de apoio persoal, a aquelas persoas que se
atopan en situación de necesidade.
Facilita-las canles necesarias para acadar un
maior nivel de autonomía persoal e unha maior
calidade de vida.
Favorecer a convivencia e a participación na vida
da comunidade.
Evitar internamentos innecesarios, previndo situacións
de deterioro irreversible.
Actividades
1- DE CARÁCTER PERSOAL
Aseo e coidado persoal
Axuda para alimentarse ou vestirse. Administración
e control da medicación baixo control médico.
Realización de curas e rehabilitación do usuario
baixo orientación de persoal facultativo Movilización
dentro do fogar ( transferencias na cama, cadeira
de rodas, etc).
Compañía
2- DE CARÁCTER DOMÉSTICO
Limpeza e mantemento da hixiene da vivenda
Compra e preparación dos alimentos
Lavado e coidado xeral da roupa
Preparación e elaboración de comidas, adecuadas
ao seu estado, condicións e necesidades
Limpiar o polvo e barrer
Fregar o solo
Facer as camas
Limpiar os cristais, azulexos, mobles de cociña,
etc.
3- DE CARÁCTER EDUCATIVO
E PREVENTIVO
Acompañamento ao centro médico
Acompañamento na realización de xestións
(entrega e recollida de documentos) Desprazamento
da auxiliar ata o centro médico ou farmacia (cando
o usuario/a non estea posibilitado para acudir),
para a realización de receitas e compra de medicamentos.
Axuda no manexo da correspondencia, teléfono.
Reeducación de hábitos de orde e limpeza
Organización Doméstica
Axuda para a relación co entorno. Outras
4- DE ATENCIÓN SOCIAL
E INTERVENCIÓN FAMILIAR
Asesoramento e orientación no propio domicilioe
prestación do primeiro nivel de Información.
Atención e intervención familiar en situacións
de conflicto, promovendo e axudando a desenvolver
as capacidades personais, a afectividade e a promoción
de hábitos para a organización familiar.