Ten por obxecto complementar o programa de Axuda no Fogar.
É unha prestación técnica dirixida a persoas maiores,
persoas enfermas, minusválidos, etc., (especialmente se
viven soas) que corran o risco de atoparse nunha situación
de emerxencia (por exemplo: caídas no domicilio, accidentes
domésticos, crise de angustia ou soidade, etc.). Os beneficiarios
deste programa permanecen conectados as 24 horas do día
a unha central de alarmas a través da liña telefónica.