PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR
   


    
      O Programa de Educación Familiar pretende prestar unha especial atención a aquelas familias do concello nas cales se detectan carencias competenciais nas súas funcións parentais, tales como a perda de referentes estables e das funcións que teñan asignadas, sendo o fin último desta intervención a integración social e a mellora da calidade de vida das nosas familias.

     O programa traballa con individuos, con grupos e coa comunidade, atendendo a tres funcións:

Voltar aos Servizos Sociais
   
 

     
      Preventiva: evitando que o conflicto sexa maior, non se debe restrinxir a actuación a momentos ou conflictos determinados, senón que se debe actuar de maneira continuada e a longo prazo.
     
Educativa: que implica a formación do individuo e a adquisición de coñecementos e habilidades necesarias para participar activamente na vida social.
     
Terapéutica: que aporta solucións aos conflictos que aparecen no entorno da familia.

     Actuacións que se levarán a cabo desde o Servizo de Educación Familiar:
     * CHARLAS INFORMATIVAS SOBRE DIFERENTES TEMAS DE SAÚDE: (Alimentación, drogas, sexualidade, diabetes...), onde contaremos coa presencia de diferentes profesionais.
     
     * ESCOLA DE PAIS E NAIS: onde se abordarán os temas que máIs preocupen aos pais sobre a educación dos fillos.
     
     * ACTIVIDADES DE APOIO ESCOLAR: taller de caligrafía e ortografía, técnicas de estudo, iniciación á informática, inglés...

     * ACTIVIDADES DE OCUPACIÓN DO TIEMPO LIBRE: deportes, animación á lectura, xo.gos populares, manualidades...

 
     * SEGUIMENTO INDIVIDUALIZADO DAS FAMILIAS QUE O NECESITEN E DESEÑO DO PROGRAMA ADECUADO SEGUNDO A NECESIDADE A TRAVÉS DE VISITAS DOMICILIARIAS E ENTREVISTAS COAS FAMILIAS.
   
 
Axudas o máis información aquí