É
unha atención máis especializada desde
os Servizos Sociais a todos os Inmigrantes que residen
no Concello de Avión e as nosos emigrantes
que algún día marcharon e agora están
retornando ou queren facelo.
Os obxectivos son,
acadar a plena integración, tanto social
como laboral ben dos inmigrantes que veñan
a vivir a Avión como dos nosos emigrantes
que queiran voltar á súa terra,
procurando itinerarios e respostas a estos colectivos,
así como facendo frente e dando resposta
a situacións de necesidade ou emerxencia,
facilitando as necesidades e recursos básicos,
como son o aseo, o alimento e o vestido.
As
actividades que se levan a cabo, son:
- Orientación e información nos
trámites previos ao retorno, como o referente
á nacionalidade española, o pasaporte,
a baixa consular, ....
- Orientación e Información nos
trámites posteriores ao retorno, como o
empadronamento, o D.N.I., o carné de conducir,
a asistencia sanitaria, etc.
- Orientación, Información e Xestión
en temas fundamentais para a plena integración,
como son: Saúde Emprego: Inserción
Social. Vivenda: Vivendas
de promoción pública, con protección
pública, rehabilitación de vivendas
no medio rural, .... Escolarización
: Homologación de títulos, becas,
...
- Información, Orientación e Xestión
das prestacións económicas existentes,
tanto para maiores de 65 anos como para menores
de esa idade ou axudas extraordinarias.