No campo da Intervención Social o psicólogo
desenvolverá a súa labor que consistirá,
a grandes rasgos, en reducir e
previr situacións de riscosocial
e persoal, mediante a intervención na solución
de problemas concretos que afectan a individuos, grupos
ou comunidades, coa coordinación do resto de profesionais
dos Servizos Sociais do Concello.
Desenvolverá as seguintes funcións:
1.- Atención
Directa:Nas
cales o psicólogo interven directamente
coa poboación obxectivo dos servizos
sociais, para a avaliación, orientación
e/ou solución de problemas. Os ámbitos
de actuación son os dos Servizos Sociais:
Familia e Infancia, Comunidade, 3ª Edad,
Discapacidades, Muller, Xuventude, Minorías
Sociais e Inmigrantes, toxicómanos, etc.