A Aula Municipal de Informática
está ubicada no Centro Social e Cultural de Avión (antiga
casa do médico), na Praza do Concello, frente á
Casa Consistorial. Tratase dunha Aula totalmente equipada,
con acceso a Internet e preparada para impartir clases
a un total de 15 alumnos.
No
ano 2003 abre as súas portas definitivamente como
Centro Permanente de Formación. O Concello de Avión organiza
anualmente distintos cursos de formación: cursos
básicos de Word, Internet, Autocad 2D e 3D, PowerPoint,
Excel, Frontpage, entre outros.
Co programa "Informática para todos" pretendese que todo
o mundo poida ter un manexo, alomenos básico, do procesador
de textos máis extendido, como é o Microsoft Word,
así como saber moverse e navegar por Internet e usar o
correo electrónico, conseguindo así unha maior
preparación para estar e competir no mundo laboral e empresarial,
por unha parte, e por outra, dada a gran influencia da
emigración entre os veciños de Avión, acercar e
fomentar os lazos de unión, estease nun lado ou otro do
Mundo, así como facer que as relacións sociais,
personais e familiares poidan ser aínda máis
fluidas.
Aula
Municipal de Informática
Aula
Infantil de Informática
Esta
Aula Municipal de Informática é posible hoxe en
día gracias ao gran esforzo realizado polo Concello de
Avión na súa aposta, xa desde hai anos, polas novas
tecnoloxías e por poñer estas ao servizo de todos
os veciños.
AULA
INFANTIL DE INFORMÁTICA
Esta aula xurde como resposta
ao avance das tecnoloxías e a súa implantación
na nosa sociedade, cada vez máis concienciada coa
importancia da alfabetización dixital. Hoxe en
día a informática é unha ferramenta
máis para mellorar o rendemento académico.
Así, cos nenos de 3 a 18 anos realizanse distintas
actividades como: xogos interactivos e educativos, iniciación
aos coñecementos básicos do ordenador, introducción
a programas como: Word, Excel, Internet, etc.
Acceso a portais educativos
con contos ilustrados e actividades interactivas: cancións,
trabalinguas, poesías, xogos, etc.
AULA
DE INTERNET RURAL
A Aula de Internet Rural
de Avión conta con 6 equipos informáticos
de última xeración equipados con elementos
multimedia; así como acceso a Internet gratuito
e de calidade