Ruliños
á o servizo de gardería do Concello de
Avión, autorizado pola Xunta de Galicia.
Ruliños
conta con diferentes zonas para a educación e
formación dos nenos/as: alimentación,
hixiene, gateo, descanso e xogos.
As instalaciones están
dotadas con máis moderno equipamento, cumprindo
as máis estrictas medidas de seguridade. Así,
las zonas reservadas para os nenos, están permanentemente
vixiadas e controladas a través dun circuíto
pechado de televisión.
O principal obxectivo
de Ruliños é
que o neno/a medre nun ambiente físico e afectivo
rico de estímulos, para desenvolver ao máximo
tódalas súas capacidades a través
de diferentes actividades e xogos, como:
Zona de Gateo
Área de Xogos
* Estimulación
temperá
* Expresión plástica
* Expresión corporal e musical
* Psicomotricidade
Ademáis,
Ruliños conta
cunha "Escola de Pais" para tratar de axudalos
na educación dos seus fillos, ao tempo que se lles
prestará a orientación pedagóxica
que soliciten.
Este Punto de Atención
Infantil conta cun sistema informático que controlará
todas as incidencias do neno/a dentro do centro. Este
informe, completo e por escrito, será entregado
aos pais no momento de retirar ao seu fillo.
TARIFAS:
*
Prezo por hora: 2 €uros.
* Máximo por día:
6 €uros.
* Bono mensual: 60 €uros.
Poderanse aplicar as seguintes
reduccións, acumulables entre si:
– Por familia numerosa:
15 %.
– Por ter máis
dun neno/a da mesma familia no centro: 50 % sobre o
segundo e 100 % sobre os demáis.
HORARIO:
Ruliños
estará aberto tódolos meses do ano, de
luns a venres, excepto os festivos, e cun horario continuado
desde as 8 da mañá ata as 8 da tarde.
CONTACTO:
Campo da Feira, nº 7. (No baixo
do Centro de Saúde)