OMIC
(OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR)
A OMIC creouse en 1997 e ubicase
na Casa Consistorial. A súa finalidade é
facilitar na maior rapidez posible aos consumidores
e usuarios deste termo a información e mecanismos de
defensa dos seus dereitos e lexítimos intereses.
Entre outros, os cometidos
desta Oficina Municipal son os seguintes:
- Facilitar ao público a información e asesoramento
sobre os seus dereitos como consumidor e a forma de
exerce-los.
- Atender as consultas, reclamacións e denuncias
dos consumidores e usuarios, colaborando para tal fin
co Instituto Galego de Consumo.
- Actividades de información, orientación, asistencia
técnica, educación e formación dos consumidores e usuarios.
- Edición e divulgación das publicacións de
interese para os consumidores relacionadas coa defensa
dos seus dereitos.
- Enquisas e campañas de inspección que non teñan
carácter ordinario e sempre que se realicen en coordinación
cos programas do Instituto Galego de Consumo.
- Toma de mostras para a realización de análises de
calidade, sempre que ditos análises estean incluídos
no plan de actuacións do Instituto Galego de
Consumo.
- Campañas de promoción e colaboración no funcionamento
da Xunta Arbitral de Consumo e demáis organismos competentes
nesta materia.