A Oficina
de Información Juvenil situada na Casa Consistorial,
iniciou a súa actividade en maio de 1995.
A información que maioritariamente
ofrece a oficina é sobre as seguintes materias:
LABORAL:
-Información
semanal sobre oferta pública de emprego tanto a
nivel estatal como autónomo.
-Información sobre os plans de emprego
xuvenil, economía social, información sobre programas
de axudas e subvencións na creación de cooperativas
e emprego autónomo, etc.
-Información sobre técnicas de búsqueda
de emprego.
-Información sobre a localización de
empresas de traballo temporal e sobre empresas ás
cales poden enviar o curriculum.
VIAXES - OCIO:
-Información sobre viaxes promocionadas
pola Xunta de Galicia, como a "Ribeira Sacra" "Catamarán
Río Miño" etc.
- Tamén se informa sobre sendeirismo,
actividades ao aire libre e outros deportes de similares
características, tanto dentro deste municipio de Avión
como noutros cercanos.
ESTUDOS:
-Información sobre prazos de matrículas,
aloxamento para estudiantes, orientación sobre como
cubrir as solicitudes de becas, etc.
AULA INFORMÁTICA E DE INTERNET:A
Oficina de Información Xuvenil conta cunha aula
informática con conexión a internet, con catro
ordenadores completos, para libre uso das persoas,
con asesoramento por parte da encargada da Oficina.
Actividades
Culturais no Concello de Avión
EXPEDICIÓN DO CARNÉ XOVE EURO
<26:
A Oficina de información xuvenil expide o carné Xove.
Gracias a este carné poderás acceder a moitos servizos,
cultura, transportes, aloxamentos, actividades, ...Etc.
a un prezo máis axustado a teu peto, durante dous anos
en España e en moitos países europeos.
¿Que
necesitas? Ter entre 12 e 25 anos (ámbolos
dous inclusive), traer 1 fotografía tipo carné,
presentar o DNI e pagar 5,41 Euros.
¿Onde
o podes utilizar? En Galicia naqueles establecementos
e servizos que figuran na Guía do Carné Xove Euro
<26, guía que se entrega gratis co carné, e no resto
das comunidades autónomas, Ceuta e Melilla, así
como na maioría dos países europeos. Todas estas
direccións atopara-las na guía.
¿Que servicios ofrece? Polo feito de facer
o carné tes un seguro de asistencia en viaxes. Poderás
participar en tódolos sorteos que se fagan
desde a Dirección Xeral de Xuventude. Unha páxina
web na que tenrás acceso a un correo electrónico
gratuito, á guía de servizos, ofertas puntuais
dos establecementos e toda a información dos programas
e actividades da Dirección Xeral de Xuventude. Terás
moitas vantaxes nunha multitude de servizos.