Os Servizos
Sociais de Atención Primaria no Concello de Avión
son o conxunto de recursos creados para atender, de maneira
máis próxima e áxil, as necesidades de cada habitante,
grupo ou de toda a comunidade. Están dirixidos a toda
a poboación en xeral, e teñen como obxectivo xeral,
achegar a todas as personas deste Concello os servizos
sociais e as súas prestacións básicas, así
como todos os programas e actividades específicos que
se teñan deseñado.
Son o nivel máis próximo
ao usuario, para posibilita-la mellora
da calidade de vida e a participación de persoas
e grupos, especialmente aqueles que sufren algún tipo
de carencia, discriminación ou desatención, así como a
prevención, e a eliminación das causas que orixinan estas
situacións.
OBXECTIVOS:
Informar,
orientar e asesorar.
Analizar
a realidade para detectar carencias e necesidades sociais.
Realizar
servizos preventivos para toda a poboación.
Dar
solucións ante necesidades de tipo individual e
colectivo.
Procura-
la mellora da autonomía, a integración e a permanencia
das personas no se seo familiar.