O Departamento
forestal abarca multitude
de campos de actuación relacionados co sector forestal,
non sendo a intención deste interferir nas relacións
entre propietarios e empresas forestais ou de xestión,
pretendendo o seguinte:
•
Velar polo cumprlimiento da normativa vixente en materia
de prevención e defensa contra incendios forestais.
• Estudode posibles propostas.
• Xestión das redes de protección
e defensa contra incendios en núcleos rurais
• Informar e asesorar sobre calquera
cuestión relacionada co medio forestal
• Crear e manter unha fonte importante
de cartografía do Concello, poidendo consultar la cartografía
dispoñible por parte dos cidadans.
• Servir de medio de coordinación
entre propietarios, agrupacións e MVMC con empresas
do sector forestal.
• Poñer ao día montes veciñais
sen clasificar, iniciando a súa clasificación
e posterior creación de xuntas rectoras que dirixan
o seu funcionamento.
• Informar sobre as subvencións
dispoñibles con antelación suficiente para contactar
con empresas e comenzar con tempo os trámites.
• Informar sobre os Convenios
da Consellería competente co Concello, dos que poidan
beneficiarse os propietarios (particulares, agrupación
e CMVMC).
• Crear unha base de datos relativa
aos MVMC do concello de Avión, que poida manterse actualizada.
• Asesorar en temas relacionados cos
MVMC en canto a: a Legalización de Comunidades ou Realización
de Asambleas ou Renovación de xuntas gestoras ou Interpretación
de estatutos,etc.
• Creación de agrupacións de
propietarios forestais consideradas na nova lei de prevención
e pendiente dun decreto que regule o que se denominarán
Unidades de Xestión Forestal superiores a 15 hectáreas.
TECORES
• Intermediación con empresa xestoras de caza.
• Dinamización do sector ou
• Estudo de propostas dos Tecores
PESCA
• Estudo de posibilidades
dos cotos de pesca