A través da Autoestrada
A-52, aqueles visitantes que cheguen desde calquera
punto da península ou da xeografía galega, deberán abandonar
a mesma na saída de Ribadavia en calquera
dos dous sentidos de circulación; unha vez
fora da autovía débense dirixir pola
N-120 ata o cruce que sinala Carballiño-Ribadavia
pola marxe dereita. Neste cruce situarémonos
no carril da esquerda en dirección Carballiño-Leiro,
tomando neste caso á esquerda do sentido da circulación.
A 100 m deste punto tomaremos un novo desvío situado
á esquerda da estrada que sinala Carballeda de
Avia – Pena Corneira. Seguindo esta estrada chegaremos
ata Pena Corneira onde un novo cruce sinala xa AVION
tomando dirección esquerda (OU-212).
Desde este último cruce faltaránnos uns 7 km
ata o noso destino final na capitalidade do Concello:
Avion.
Tamén pódese
acceder ao noso Concello a través da estrada N-
541 (para viaxeiros procedentes de Pontevedra,
Santiago, A Coruña e toda a Costa Atlántica en xeral).
Neste caso debemos seguir dita estrada ata un desvío
á dereita que sinala Beariz-Avión (este desvío
vai a pasar ao lugar de A Hermida en dirección
Ourense. Despois de abandoar a N-541
seguiremos pola estrada OU-212
que xa nos leva sen desvío algún ata Avión,
atravesando antes o Concello de Beariz.
Para aqueles viaxeiros
que procedan de Vigo, do Sur de Pontevedra ou de Portugal,
teñen outra opción de acceder ao noso Concello,
que é seguir a autoestrada A-52
ata o desvío de Covelo (xusto antes de entrar no túnel
da Cañiza en dirección a Ourense) e desde alí percorrer
4 km polo enlace da autovía coa antiga N-120, onde atoparemos
un cruce que sinala Covelo. Neste cruce deberemos seguir
á esquerda e 50 m máis adiante un novo cruce
á dereita que xa nos indica dirección Covelo.
Seguindo esta carretera e a 21 Km atoparémonos
xa en terras do Concello de Avión.
EN
AUTOBÚS
Na actualidade varias
empresas ofrecen servizos de transporte de viaxeiros
a diario e con diferentes frecuencias que comunican
o Concello de Avión con calquera punto da xeografía
galega ou nacional.
Auto Industrial: Liñas
Regulares con Ribadavia, Ourense e Vigo.
Autocares Rodriguez: Liñas
Regulares con Ribadavia e Carballiño.
Empresa García Castro:
Liñas Regulares con Vigo e Pontevedra.
EN AVIÓN
Aeroporto de Vigo-Peinador
(Tlfno. 986-487409) A 75 Km de Avión e comunicado pola
A-52.
Aeroporto de Santiago-Lavacolla
(Tlfno. 981-597400) A 100 Km de Avión poidendo chegar
pola N-525 ata Ourense ou pola autopista
A-9 ata Pontevedra.