Os primeiros datos de
Avión veñan dados pola existencia do hoxe denominado
Castro de San Vicente, no monte
Castro. Aínda que é necesario facer
un desenterro total do mesmo para coñecer amplamente
a súa historia, o que sí podemos determinar,
por diferentes historiadores, é a antigüidade
aproximada do mesmo. Así, di López Cuevillas, que a
Cultura castrexa dáse na segunda mitade da Idade
de Ferro.
Científicamente,
e gracias ás análises de carbono-14, disponse
na actualidade de dúas datas que limitan a construcción
dos castros, 520 a. de C. ata o 570 d. de C. o que confirma
a continuidade de vida nos castros durante a idade media.
Diversas excavacións sinalan a supervivencia,
ou non, á conquista romana a tenor dos achados
de moedas, o que parece ter continuado varios séculos
baixo a denominación romana.
O Castro
de Avión parece pertencer a estos últimos casos. Segundo
a historia escrita, poucas referencias antigas podemos
facer de Avión, pero posiblemente a que máis se pode
destacar son as realizadas polos historiadores Meruendano
e Eijan, quen afirman que "los geógrafos romanos mencionan
el río Miño como principal, otros secundarios, entre
estos el Abo". Samuel Eijan, en "Ribadavia y sus alrededores",
afirma que, "... nada impide que se pueda suponer que
fuese el Avia, dadas la analogía y el parecido de las
palabras, y por tener su nacimiento en las montañas
de Abión, o por lo menos
que el Avia de aquel entonces se designaba también con
el mismo nombre de Abo".
Todo iso ven polo posible
nome de Ribadavia. Jorge Cardoso identifica co nome
de Abóbrica de Plinio, palabra composta por Abo e bria,
brica ou briga, de orixe celta, significan segundo o
"Pai Eijan", nas linguas indo-xermánicas: cidade ou
poboación. A palabra Abóbrica, significa poboación
situada nas marxes ou orilla do río.
É
Abo un río que percorre a maioría da súa vida
por este municipio, e Abión o nome onde nace, o que
pode llevarnos a pensar, por este e outros motivos que
desenvolveremos, que o actual Avión xa era un espazo
habitado, xa que para coñecer as orixes é
necesario visitarlos. Ubicada xa a poboación en Avión,
varias son as referencias históricas que poderemos desarrollar
pero as primeiras delas xurden coa donación do Rubillón,
coto incluído, o Mosteiro de San Benito de Bárcena,
sito en Barcia, lugar da parroquia de Melón, polo ano
1155, por dous reais privilexios, segundo consta nos
papeis do Mosteiro de Melón.
Aínda que naquela época, Avión, como unha parte
importante de Galicia, correspondía ao territorio xurisdiccional
do Metropolitano de Braga, a quen como tal recoñeceron
no ano 1010 os Bispos de Mondoñedo, Astorga, Lugo, Tuy,
Ourense, Lamego, Coimbra, Porto e Viseu. Nembargantes
unha nova noticia indicadora da xurisdicción episcopal
do noso territorio, a do monxe do Mosteiro de San Cloido,
D. Pelagio, ao anunciar no su testamento (1158) que
a súa igrexa monacal foi consagrada polo Bispo
de Zamora, D. Bernardo, con autorización do Bispo de
Oviedo.
Pese
a esta confirmación a realidade foi que no ano 1150,
con motivo dunha competencia sobre límites de dioceses
sostida entre os Prelados de Oviedo, Ourense e Astorga,
o Papa lle encomenda a solución desta competencia ao
emperador D. Alonso VII, dispoñendo este a 1
de marzo de 1150, que o Bispo de Oviedo cedera ao de
Ourense toda a parte diocesana de A Limia, desde o monte
de Padrón ata Donia, e desde o río Azor ata o Arnoiz,
e ata Barroso coas iglexas de Petrayn e as de Castela;
e a de Orcellón e as iglexas
de Avia e de Avión.
Por aqueles
mesmos anos, e concretamente no ano 1156, fíxose,
entre o Bispo deOurense
e o Cabildo de Tui, unha partición de igrexas
das súas dióceses, na que figura o arciprestado
de Novoa e Avión; o que ao parecer indica que parte
do territorio de Novoa e Avión (Pero non o de Ribadavia),
pertencían xa a aquela diócese en parte, e que
outra parte do territorio, chamado terras de Avia e
Avión, formaban parte da diocese de Ourense.