Moi pouco se pode falar das igrexas existentes
nas diferentes épocas da historia de Avión, xa que poucos
datos chegaron ata os nosos días. No ano 1155 Avión,
correspondía ao territorio xurisdiccional do Metropolitano
de Braga, a quen como tal recoñeceron no ano
1010 os Bispos de Mondoñedo, Astorga, Lugo, Tui, Ourense,
Lamego, Coimbra, Porto e Viseu, nembargantes, esa dependencia
non se debeu prolongar máis aló da inauguración
da Monarquía portuguesa no ano 1139.
Sen
embargo no ano 1150, con motivo dunha competencia
sobre límites da diócese entre os Prelados de
Oviedo, Ourense e Astorga, o Papa encomendoulle
a solución desta competencia ao emperador D.
Alonso VII, dispoñendo este a 1
de marzo de 1150, que o Bispo de Oviedo cedera
ao de Ourense toda a parte diocesana da Limia,
desde o monte de Padrón ata Donia, e desde o río
Azor hasta Arnoiz, ata que penetra este no río
Miño, ata Barroso coas iglexas de Petrayn e as
de Castela; a de Orcellón; as igrexas de Avia
e de Avión.
Por aquellos mesmos
anos, e concretamente en 1156, fíxose,
entre o Bispo de Ourense
eo Cabildo de
Tui, unha partición de igrexas das súas
dióceses, na que figura o arciprestazgo de Novoa
e Avión; o que ao parecer indica que parte do
territorio de Novoa e Avión (Pero no o de Ribadavia),
pertencían xa a aquela diócese en parte,
e que outra parte do territorio, chamado terras
de Avia e Avión, formaban parte da diócese de
Ourense. No ano 1215
aparece por primeira eúnica vez a Orde dos Templarios
en Avión, concretamente relacionados coa igrexa
de San Andrés de Abelenda.
Pero durante a
Idade Media o maior protagonismo exerceuno o señorío
dos Sarmiento, condes de Ribadavia, instaurado
en 1375. A súa xurisdicción abarca varias
freguesías: Avión, Abelenda,
Amiudal, Barroso, Nieva, Couso (que compartía
co mosteiro de Melón)
e Córcores. Todas elas debían pagar un
tributo denominado "fumaza" ou "fogaza", que foi
abolido por Isabel II en 1837. Na actualidade
o concello de Avión ten as parroquias de Abelenda
de Avión, Amiudal, Avión, Baiste, Barroso, Corcores,
Couso, Cortegazas e Nieva. Todas elas con igrexa
propia, aínda que non son aquelas que figuran
na historia de Avión nos séculos XII e
XIII, das que descoñecemos o seu fin.
As igrexas actuales
que conforman as nove parroquias do Concello de
Avión, teñen unha historia reciente que
detallamos a continuación: "Igrexa
de Santa Mariña": Situada
na poboación de Abelenda de Avión, é unha
igrexa de estilo Románico con elementos barrocos,
ten un sepulcro antropoide. Destaca a cruz parroquial
na que interveu o prateiro Vilaza en 1741. "Igrexa
de Santiago": Ubicada na poboación
de Amiudal, que no seu día fuo capital do Concello.
Construida a mediados do século XVII. Posúe
elementos artísticos de estilo barroco santiagués
propios de 1755 cando D. Antonio Camba mandou
facer unha intervención na capela mayor. Iglesia
deAbelenda "Igrexa
de Abelenda" "Iglesia
dos Santos Xusto e Pastor": Situada
na capital do concello, foi iniciada a súa
construcción aproximadamente en 1600, finalizando
en 1742. Presenta unha singular fachada-retablo
barroco realizada por canteiros da Terra de Montes.
Ten ademáis outras dúas portadas fortemente
moldeadas e con hornacina superior, nas que están
as esculturas de San Antonio con o Neno e a Virxe
e o seu fillo. A cabeceira moi anterior a 1742,
ten bóveda de nervios de estilo gótico con claves
historiadas policromadas. Na central figuran os
Santos Xusto e Pastor, patronos da parroquia,
con caretas alusivas aos principios centrais da
fe. A similitude estilística da torre, con carátulas
angulares na balaustra inferior, con outras como
as de Carballeda e Beiro, fainos adiantar a hipótese
dunha mesma cabeza rectora, que non poido ser
outro que o conde de Ribadavia. Esta igrexa leva
columnas salomónicas angulares, soporte tectónico
infrecuente nos exteriores barrocos galegos ,
sendo un dos exemplos máis importantes do Barroco. "Igrexa
de Santa María": Da parroquia
de Baiste, foi construida no século XVIII
e renovada en 1910. Esta iglesia perteneció durante
muchos años al monasterio de Melón. "Igrexa
de Santa Eulalia": Ubicada en
Barroso, foi construida no ano 1622 e renovada
en 1767. "Igrexa
de Santa Mariña": Da parroquia
onde se ubica, Córcores, ten un retablo do século
XVII. "Igrexa
de Santa María": Situada
en Couso, ten importantes restos dun baldaquino
medieval gótico do século XV. "Igrexa
de Santo Antonio": Ubicada en
Cortegazas. "Igrexa
de San Martiño": Situada en Nieva
ARQUITECTURA POPULAR
OS HÓRREOS
Os hórreos, como
en tódolos lugares de Galicia, sirven para
guardar os cereais, principalmente o maíz, centeo,
etc. Están feitos de pedra e madeira, sendo a
base sobre columnas de piedra, e o seu armazón
do mesmo material, os laterais, así como o frente
e a espalda están recobertas de madeira, o tellado
ten tella curva.
A existencia dos
horreos en Avión pode remontarse ao século
XIV, xa que como aparece nos diezmos pagados por
diversas parroquias de Avión, concretamente Abelenda,
San Cristobo e San Xusto, que lle deron ao Señor
de Ribadavia, no ano 1487, 16 fanegas de pan terciado
de centeo r maíz, 2 fanegas de pan e 40 fanegas
de pan, respectivamente, o que fai pensar que
xa tiñan a necesidade de almacenamento
de cereais, dadas as cantidades das que aquí se
falan, e entregáronse ao Señor de Ribadavia.
Novamente os pagos de diezmos ao Señor de Ribadavia
en 1630, indican que continúa a explotación de
cereais neste territorio.
No Madoz, Enciclopedia
escrita por Pascual Madoz en 1843, aparece como
datos a destacar que na agricultura sobresalía
o maíz e o centeo nas parroquias de Avión, Abelenda
e Amiudal. Actualmente no municipio de Avión existen
alrededor de 700 hórreos, dos cales o 20% atópanse
en bo estado.
FORNOS
DE PAN
Os fornos de pan, son sen dúbida
outra manifestación cultural deste municipio, en base, fundamentalmente,
do cultivo que valía de sustento aos habitantes de cada poboación.
O forno comunal, fíxose para dar servizo a unha pequena poboación.
Construído colectivamente polos veciños (cada un deles
aportaba o seu traballo ou pagaba a un xornaleiro), unha vez levantado
o forno para a súa utilización, establecíase un turno,
que salvo por causa de forza maior, non podía ser alterado. Cada
veciño levaba leña para quentalo o día que lle correspondía
cocer.
Estos tipos de fornos compóñense
de tres espazos fundamentais: a cámara ou capela; onde se fai o
lume e se coce o pan. Acceso ou área de traballo; lugar para traballar
a masa e recoller o pan, e no que se coloca a artesa (arca ou caixón
de madeira para amasar), as ferramentas do forno, a galla, a forquilla,
o rodo, e alguns tendais (mesas de pedra ou madeira onde se pon
o pan unha vez cocido). Almacén; lugar onde se coloca a leña coa
que quentar o forno. En Avión que existen 45 poboacións,
existen un total de 70 fornos de pan, estando en estado de funcionamento
un 25 % do total.
MUÍÑOS
Os muíños, son outro
elemento cultural deste municipio, seguindo o proceso agrícola do
aproveitamento dos cereais que aquí se producían. Todos os muíños
de Avión están ao lado das augas dos ríos que nacen na Serra do
Suido e Faro de Avión, son muíños de modelo circular
que están ben documentados nos canastros e se consideran como sinal
da romanización, aínda que esta cuestión non está suficientemente
aclarada.
Tampouco existe referencia histórica da
súa antigüidade, en 1487 tres parroquias de Avión entregaron
ao Señor de Ribadavia fanegas de pan en cantidade importante, iso
fai pensar que para facer o pan era necesario moer os cereais, e
os muíños a única función que se lles conoce é
a de moer. Como dato a ter en conta, destaca que no Madoz, en 1843,
aparece que Abelenda de Avión ten de industria un total de 17 muíños
fariñeiros en funcionamento, o que pon de manifesto a importancia
dos cereais en Avión, e toda a industria que estaba montada ao seu
lado. Na actualidade atópanse sobre 75 muíños
en todo o concello, estando alguno en funcionamento.