A
Serra do Suído, está situada nos límites da provincia
de Ourense e Pontevedra e abarca principalmente parte
dos municipios de Avión e Beariz en Ourense, e os de
Lama, Fornelos de Montes e Covelo en Pontevedra.
Os datos máis destacables
deste "Espazo natural",
son que está composto de serra de perfil erosionado,
destacando pola súa riqueza cinexética. A belleza
das súas vistas panorámicas e núcleos de vexetación
autóctona, son outras das causas que aconsellan a súa
protección.
A Serra do Suído alcanza
cotas de 1.000 metros sobre
o nivel do mar, no Concello de Avión atópanse
alturas de 1.053 e 1.043, nas denominadas Laxa dos Números
e na Pena de Rairiz, respectivamente. Trátase
de bloques levantados, modelados sobre granitos no cume,
caracterizadas por diferentes superficies de erosión
así como por unha rede de fallas, que determinan a alternancia
do terreo.
Toda esta orografía que
sirve de límite entre provincias, actúa como unha dispersión
nos diferentes cursos fluviais que nacen desde a Serra
do Suído. O Suído é fonte nai de moitos ríos,
o máis destacable destos á o Avia, principal
afluente do río Miño, que nace en Fonte Avia (1.053
metros) e o Couso, afluente do Avia. Pola outra vertiente
destacan o río Verdugo, o Cubeta o Folgoso, que terminan
todos en augas do Atlántico. O río Avia ao seu paso
por Avión da forma coas súas augas ao embalse
de Albarellos.
A
parte alta do Suído, están permanentemente cubertas
de herba verde, pasto tenro para cabalos r vacas, existindo
unha variedade enana de toxos, ou "toxo
sañudo" (ulex nanus). Nas zonas onde aflora a
auga, hai moita humedade no solo, onde comezan a formarse
conos de recepción, aparecen os fentos (pteris aquilina).
Non faltan nestas zonas xestas, (sorothamus cantabricum),
un "codeso" cítiso (cytisus albus), hai ademáis segundo
baixamos, outra planta que servía de cama a animais
e pastores e que ademáis era utilizada como combustible
para prender as fogueiras, "a carqueixa", (gensita tridentata).
Non falta nestos altos unha especie de feo enano "piocám",
esta aparece nos tellados dos chozos, xunto co mofo
que abundan, sobre todo, alí onde hai pouca terra na
que sustentarse, como poden ser os pedregais onde persiste
a humidade.
Outra planta que na
actualidade é a máis abundante nos nosos montes,
e que vai aparecendo a medida que se descende é
o piñeiro bravo
(pinus pinaster) extendido pola repoboación humana e
que hoxe se coñece como piñeiro gallefo.
Distínguese de outras especies polo gran tamaño
das súas piñas e acicalas. Seguindo con descenso
aparecen as silvas, zarzas (rubus Fructicosus) e entre
as arbustivas menores a "quiruela" (erica umbelata),
que aparece nos clareados das zonas máis cálidas. Florece
entre abril e xullo, dálle ao monte tonalidades
rosáceas que contrastan coas acacias (mimosa púdica)
e toxos, que dan unha flor amarilla. En zonas de moita
humidade hai eucaliptus, árbores orixinarias de Australia,
e introducidas no sur de Europa a finais do século
pasado. En zonas máis áridas hai algunha sobreira (quercus
sauber), especie en fase de extinción igual que o castaño
(castanea vulgaris), así como a totalidade do bosque
caducifolio.