O chozo é unha
construcción en pedra de neis que daba acobillo aos
pastores da Serra do Suído, cando se turnaban
diariamente para coidar o gando ao longo do ano. Hoxe
en día estos símbolos desta arquitectura,
permite coñecer cómo era a vida en épocas
pasadas nesta zona. Aínda que non existen datos
arqueolóxicos fiables ou documentos escritos que precisen
a súa construcción, segundo a tradición oral
xa eran recordados como moi antigos no século
pasado. Dado o seu estilo arquitectónico podería
sinalarse a súa orixe nos séculos de difusión
do románico (séculos XII e XIII) .
A
SÚA ARQUITECTURA O interior é
unha peza única, dunhas dimensións ao redor
dos 20 metros cadrados, construídos en
neis. Ao redor dos chozos establecíanse
os "cortellos", cada familia tiña o seu
e estaban destinados a acobillar aos becerros
, na actualidade a maioría están derruídos. Cerca
dos chozos había tamén un redil non moi
grande, feito de cachotería, lousas e grandes
bloques pétreos. Pechando todo o conxunto situábanse
as lousas verticais que delimitaban a zona de
pastoreo de cada chozo. Podemos dicir por tanto
que o conxunto era unha unidade de explotación
gandeira de montaña. Os chozos atópanse
en torno á cota dos 900 metros de altitude,
na falda nacente, protexidos dos ventos e aproveitando
en ocasións a inclinación das ladeiras
da montaña. Integrándose totalmente os tellados
coas pendentes do terreo.
Este emprazamento
na caída da montaña facilitaba a súa construcción.
De planta regular, as súas dimensións
son prácticamente constantes, adoita a haber bancos
de pedra corridos adosados á parede, o
espesor dos seus muros é considerable (0,6-0,8
metros) debido á grande carga que teñen
que soportar. A porta de entrada non adoita ser
grande, e debido ao pesado da construcción os
vanos adoitan reducirse. Sobre a existencia de
portas de madeira, ferro ou outro elemento que
pecharan o chozo non existen referencias, aínda
que é lóxico pensar que dispoñian
dalgun elemento para pechalos, principalmente
para manter o calor dentro do habitáculo e protegerse
de posibles ataques de lobos e outras feras. Hai
soamente uns ventanucos, que semellan arpilleiras
e que adoitan situarse nas fachadas laterais,
orientados a nacente e a poñente, pódese
pensar que valen como "tiro" do lume que se facía
no interior, e tamén para recoller os primeiros
e últimos raios de sol. Ademáis no interior hai
unha serie de nichos rectangulares que servían
para gardar obxectos personais, comida, roupa,
etc.
Nas
lousas exteriores ou nos bloques grandes do interior
adoita haber inscripcións cos nomes dos
pastores que facían gardas no verán. En
toda a construcción o elemento máis chamativo
é o arco, éste e as doelas que o compoñen
(sete en xeral) son os únicos elementos que se
ven algo traballados. O salmer ou primeira peza
do arco que axuda a soster o teito está integrado
na parede e arranca a uns 60 centímetros do chan.
Para que o arco non se abra co peso hai na parte
externa do groso muro uns contrafortes. O teitume
á outro elemento distintivo, é un
tellado de dúas vertentes elaborado con
grandes lousas que resbalan unhas sobre outras.
Sobre esta cuberta hai un espesor térreo no que
se ven formacións de mofo e que sirve de
aillamento térmico, da fresco no verán
e manten o calor no inverno ao tapar as regañas.
Na seguinte planta obsérvase a distribución
xenérica dun chozo:
a.-
Arranque de arco
c.- Contraforte
b.- Banco adosado á parede
d.- Detalle de pedra sobre o banco de entrada
e.- Entrada
f.- Fornatín ou nicho
h.- "fogar"
p.- "piltra" pasible leito
l.- lousas verticais
s.- sombrallo
v.- ventanuco "bufardo"
OS CHOZOS DA SERRA DO SUÍDO
- Chozo de San Xusto, o "da fenteira", porque
estaba emprazado no Campo da Fenteira
- Chozo de Cernadas
- Chozo de San Vicente
- Chozo de Oroso
- Chozo de Abelenda, que está no Campo de Abelenda,
ou Valdohome
- Chozo de Mangüeiro
- Chozo de Amiudal
- Chozo de Beresmo
- Chozo de Campo Larogo
O
de Abelenda (na imaxe) e San Vicente son os de
maiores dimensións. Este último ten maior
altura no lado da máxima pendente da montaña.
Ten unha supericie en torno aos 35 metros cadrados,
unha superficie intermedia,
en torno aos 28 metros cadrados sería a dos chozos
de Mangüeiro, Oroso e San Xusto. A maioría posúen
arcos (dous), agás o de Abelenda que ten
tres e o de Oroso que soamente ten un. O caso
atípico é o chozo de Cernadas no que practicamente
a fachada frontal á a única que está toda
ela ao descuberto, situándose o tellado a nivel
do monte. Non presenta ningún contraforte. Sustitúen
aos arcos unhas "paredes maestras" divisorias,
que chegan ata a mitade da habitación. A primeira
da a sensación que se trata dun apuntalamento,
pois está soportando medio arco. Nos chozos de
Cernadas e Oroso, pola forma da súa construcción
o primeiro y por ter un so arco o segundo, a posta
está pegada á parede lateral, e todos agás
o de Mangüeiro teñan a porta no lado maior
do rectángulo. A distribución interior varía pero
sempre cos mesmos elementos: "fornelas", bancos
adosados á parede e xaneliñas laterais.
OUTROS DATOS RELEVANTES NO SEU ENTORNO:
- Nacemento do Rio Avia á altura dos chozos
de Cernadas e San Xusto
-Área de descanso á altura dos Chozos
de Carixa e Rodeiro
- Fonte de pedra xigante (20 metros de alto) no
Chan do Valdohome
- Camiño aberto que percorre tódolos
chozos
- Camiños de pedras que parte do pobo de
Rodeiro e que se bifurcan aos chozos de San Vicente
- Oroso, Abelenda, Carixa e Rodeiro
- Camiño de pedra que parte do pobo de
Mangüeiro ao chozo do mesmo nome
- Camiños comerciais medievais do viño,
tamén denominado Camiño do Arrieiro.
A ruta iba de Ribadavia a Santiago de Compostela.