Igualdade
Fomento da conciliación
Medidas ou programas de conciliación co fin de fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laboráis e familiares incorporando a perspectiva de xénero para fomentar a Igualdade entre mulleres e homes nos nenos e nenas participantes nestas actuacións.
-Campamentos nos días non lectivos para os/as nenos e nenas.
Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero
Actuacións de promoción da Igualdade, prevención da violencia de xénero e tratamento das vítimas, as medidas están dirixidas específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, orientadas a previr a violencia de xénero e a mellorar a situación das mulleres vítimas, das súas fillas e fillos e personas delas dependentes, e dirixidas a impulsar unha atención profesional de maior calidade:
- Programas de empoderamento feminino
- Autoestima
- Acción de atención, orientación e acompañamento para a mellora da situación persoal, social e laboral
Sensibilización, información e difusión da igualdade e prevención da violencia de xénero
Actuacións de sensibilización e concienciación en materia de Igualdade e/ou prevención e loita contra a violencia de xénero dirixidas a toda a ciudadanía: estudos, campañas, exposicións, obradoiros e máis actividades de divulgación e/ou visibilización do papel das mulleres dirixidas a promover cambios de valores na sociedade e no ámbito educativo e a potenciar a Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, social e laboral.
Contacto
Nos servizos sociais do Concello, departamento da Igualdade
Carretera de O Sifón, Nº 15
Teléfono: 988 486 528
Carretera de O Sifón, Nº 15
Teléfono: 988 486 528
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. · Tel. 988 486 000 · Praza do Concello s/n 32520, Avión Ourense