RUTA DOS CHOZOS
Cabalos pastando no Suído >>>
 
FICHA TÉCNICA
 
Inicio
Área de descanso
Lonxitude
8 km.
Dificultade
Baixa
     
Desde Avión, podemos chegar por dúas estradas, xa sexa por Nieva ou Abelenda. Se eleximos o primeiro itinerario, debemos desviarnos da estrada OU-212 en dirección a Nieva á altura do Sifón. Se eleximos o segundo traxecto, na mesma estrada, deberemos tomar o desvío en dirección a Abelenda. As dúas están perfectamente sinalizadas.
 

Esta ruta percorre a "Serra do Suído", espazo natural ubicado nos límites da provincia de Ourense e Pontevedra e que acada cotas de ata 1.050 metros sobre o nivel do mar.  
Desde o principio ata o final do sendeiro atoparémonos cos "Chozos", que son edificacións que poderían remontarse á Idade Media e que servían de refuxio estacional aos pastores que traían o ganado a pastar á Serra.
Ao lado dos "Chozos" hai unhas construcciónss menores: os "Cortellos", destinados principalmente á protección dos becerros. Sete dos chozos desta ruta foron restaurados por unha escola taller, habendo unha distancia de 4,5 km. entre o primeiro e o último.

 

 
               

                                                 MAPA DA RUTA