RUTAS DA PRAIA FLUVIAL
Eira de hóEira de hórreos en Beresmo
 
 

 

 

 

ACCESOS Á RUTA

Partindo de Avión, temos que desviarnos da estrada OU-212 en dirección á praia fluvial, onde atoparemos dúas rutas: unha que parte desde moi cerca da casa rural, antiga fábrica de coiro (Ruta de Valderías) e outra á beira da ponte (Ruta do Castro).
 

 


RUTA DO CASTRO

Esta ruta goza dun especial atractivo desde o punto de vista paisaxístico e cultural. En todo o sendeiro destacan as formacións vegetais autóctonas nun contorno natural privilexiado.
Neste percorrido atoparemos unha vella ponte de pedra, unha orixinal "eira de hórreos", un forno veciñal de pan e o fermoso mirador do Castro de San Vicente. Rodeados de espectaculares panorámicas, atoparmos todas as condicións necesarias para a práctica deste turismo verde.



RUTA DE VALDERÍAS

    A auga está presente ao longo de case toda a ruta, xa que no primeiro tramo do sendeiro o río Valderías discorre ao seu lado, amosándonos a súa fermosura xunto a impresionantes paraxes desde os que se divisa o embalse de Albarellos.
     Máis adiante, desde o coto de Santa Euxenia, contemplaremos as máis fermosas panorámicas do noso concello co embalse de fondo.