O Concello de Avión continúa apostando pola igualdade e o empoderamento feminino a través denha programación de actividades na que participaron máis de 30 mulleres con propostas como arteterapia, Mindfulness, Mente e corpo, empoderamento dixital, nutrición e outras iniciativas orientadas ao benestar integral das mulleres, permitindo crear aspazos de aprendizaxe, autocoidado, convivencia e desenvolvemento persoal, favorecendo a autonomía das mulleres, o fortalecemento da autoestima e a súa participación activa na vida comunitaria.
O programa conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) Galicia 2021-2027.
Seguimos traballando por un Avión máis igualitario, participativo e comprometido co benestar e o empoderamento das mulleres.