Aula de informática

A Aula Municipal de Informática está ubicada no Centro Social e Cultural de Avión (antiga casa do médico), na Praza do Concello, frente á Casa Consistorial. Tratase dunha Aula totalmente equipada, con acceso a Internet e preparada para impartir clases a un total de 15 alumnos.

No ano 2003 abre as súas portas definitivamente como Centro Permanente de Formación. O Concello de Avión organiza anualmente distintos cursos de formación: cursos básicos de Word, Internet, Autocad 2D e 3D, PowerPoint, Excel, Frontpage, entre outros.

Co programa “Informática para todos” pretendese que todo o mundo poida ter un manexo, alomenos básico, do procesador de textos máis extendido, como é o Microsoft Word, así como saber moverse e navegar por Internet e usar o correo electrónico, conseguindo así unha maior preparación para estar e competir no mundo laboral e empresarial, por unha parte, e por outra, dada a gran influencia da emigración entre os veciños de Avión, acercar e fomentar os lazos de unión, estease nun lado ou otro do Mundo, así como facer que as relacións sociais, personais e familiares poidan ser aínda máis fluidas.