Oficina de Información Xuvenil

Oficina de Información Xuvenil situada na Casa Consistorial, iniciou a súa actividade en maio de 1995. A información que maioritariamente ofrece a oficina é sobre as seguintes materias:

Laboral

  • Información semanal sobre oferta pública de emprego tanto a nivel estatal como autónomo
  • Información sobre os plans de emprego xuvenil, economía social, información sobre programas de axudas e subvencións na creación de cooperativas e emprego autónomo, etc.
  • Información sobre técnicas de búsqueda de emprego.
  • Información sobre a localización de empresas de traballo temporal e sobre empresas ás cales poden enviar o curriculum.

Viaxes Ocio

  • Información sobre viaxes promocionadas pola Xunta de Galicia, como a “Ribeira Sacra” “Catamarán Río Miño” etc.
  • Tamén se informa sobre sendeirismo, actividades ao aire libre e outros deportes de similares características, tanto dentro deste municipio de Avión como noutros cercanos.

Estudos

Información sobre prazos de matrículas, aloxamento para estudiantes, orientación sobre como cubrir as solicitudes de becas, etc.

Aula de Informática e Internet

A Oficina de Información Xuvenil conta cunha aula informática con conexión a internet, con catro ordenadores completos, para libre uso das persoas, con asesoramento por parte da encargada da Oficina.

Horario:

Luns
16:30 - 20:00
Martes
16:30 - 20:00
Mércores
9:00 - 14:00 / 16:30 - 20:00
Xoves
9:00 - 14:00 / 16:30 - 20:00
Venres
16:30 - 20:00