Selección en Réxime Laboral de Persoal a contratar polo Concello de Avión mediante o Programa de Fomento do Emprego no Medio Rural (APROL-RURAL), financiado pola Consellería de Promoción do Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
Prazas a cubrir: 4 peóns/peoas forestais
Duración do contrato: 9 meses
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal
Os interesados en participar no proceso selectivo, deberán estar inscritos con data límite do 27 de maio no Servizo Público de Emprego en Ribadavia como demandante de emprego de Peón Forestal.